Skip to Content

Charo Pita e Tim Bowley visitan o noso colexio

Charo Pita e Tim Bowley visitan o  noso colexio

Luns 18 de marzo

Charo Pita 

Actriz especializada en storytelling (contacontos). Licenciada en Filoloxía Hispánica. Especialista en comunicación en público.  

Tim Bowley é un gran narrador británico con 20 años de experiencia que ten recorrido Europa e América feitizando ao  público coas súas historias.

 

Traennos contos de tradición oral   de varias culturas do mundo: lendas dol Rei Arturo, contos de fadas europeos, historias celtas, relatos dos indios americanos, contos Sufíes e de orixe Zen... mecendo ao vento, entre a voz e a fábula, sementes  irresistibles de maxia e comedia.

Tim conta en inglés e Charo fai tradución simultánea. Unha extraordinaria forma de contar, na que dúas voces en dúas linguas se entrelazan para enriquecer una historia de matices, de ecos. Non é un narrador e unha tradutora: son dous contacontos contando un mesmo conto, dúas voces enredadas  nunha palabra. Un exercicio difícil pero, cando está ben preparado, un alarde de complexa sencillez.  Unha maravilla na que os narradores deixan todo o espazo ao conto.

Os nenos e as nenas de 3º ciclo de primaria foron partícipes da súa maxia.

 

 

 



page | by Dr. Radut