Skip to Content

CONCURSO-EXPOSICIÓN

 


CONCURSO- EXPOSICIÓN  DE FOTOGRAFÍA

ARQUITECTURA POPULAR GALEGA

 

Co fin de coñecer,  difundir, valorar e respectar o noso  patrimonio cultural no   eido da arquitectura popular, o Equipo de Normalización Lingüística   convoca un concurso –exposición de fotografía  coas seguintes bases:

  • poden participar todos os membros da comunidade educativa do CEIP Irmáns Villar
  • os motivos poden ser: cruceiros, canastros, muíños, capelas, petos de ánimas, pontellas,  dolmens,....Deben presentarse co nome do lugar que corresponde a cada fotografía
  • as fotografías presentaranse no colexio en formato dixital co nome  do/a  autor/a
  • data de presentación: antes do 1 de marzo de 2012
  • farase unha exposición con todas as fotografías entregadas e colgaranse na páxina web
  • as tres  mellores fotografías recibirán un agasallo
  • a entrega de premios farase no acto de celebración das Letras Galegas

 

 

PARTICIPA! AGARDAMOS AS TÚAS FOTOS!

                              

                                 Decembro de 2011

  

 



page | by Dr. Radut