X CONCURSO-EXPOSICIÓN DE FOTOGRAFÍA
OFICIOS TRADICIONAIS GALEGOS
|
Debido ao confinamento non se puideron rematar os traballos preparados polo alumnado de 6º de primaria. Estes traballos eran unha forma de lembrar aqueles oficios que a través dos anos foron moldeando a economía, as relacións sociais, mesmo a música de todo un Pobo. A vida doméstica, o campo, o mar, foi progresando grazas á creatividade e o enxeño dos artesáns e a xente de oficio. Lembrando as nosas raíces pedímosvos que aportarades fotografías de apeiros, ferramentas ou aparellos para a nosa exposición. Agora debemos facer un aprazamento, pero en canto nos sexa posíbel continuaremos. Non vos esquezades, preparade as fotografías.
Desde o ENDL queremos agradecer ao alumnado e profesorado que con tanto entusiasmo colaboraron na elaboración dos traballos. Esperamos poder mostrárvolos en breve. Ánimo a tod@s e ata vernos.