Skip to Content

Eventos

Select event terms to filter by
Select event type to filter by
Xoves Maio 23, 2019
Start: 23/05/2019 10:00

Os alumnos/as de 1º e 2º de educación primaria realizarán no colexio un taller cunha monitora externa sobre os beneficios dos productos lácteos.

Terán agasallos e realizarán diferentes actividades didácticas para aprender moito sobre esta temática.

Martes Maio 28, 2019
Start: 28/05/2019 09:00

Hoxe é un día importantísimo para os nosos pequenos/as de 6º de Educación Infantil, xa que teñen a súa excursión de fin de curso ao Parque Zoolóxico de Marcelle, en Lugo.

Neste parque terán unha rota guiada con monitores onde contemplarán gran variedade de especies animais e onde farán moitos xogos educativos divertíndose e aprendendo todo ao mesmo tempo.

Martes Xuño 04, 2019
Start: 04/06/2019 09:00

Hoxe é un día moi especial, hoxe ímonos de excursión de fin de curso:

1º e 2º de Educación Primaria: "A Casa da Terra" en Antas de Ulla. Aquí faremos moitas actividades e obradoiros cos monitores, como o taller de galletas que probaremos todos e todas.

3º de Educación Primaria: Visitarán a Piscifactoria de O Carballiño e xusto depsois pasarán unha xornada moi agradable no Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa Lambrisca.

4º de Educación Primaria: Contentísimos gozaremos das fermosas vistas e da rota guiada polo Castelo de Vilasobroso e ao rematar desplazarémonos até o balneario de Mondariz. Aquí pasarémolo xenial dándonos un chapuzón nas súas augas cheas de propiedades.

5ª de Educación Primaria: Estes alumnos/as teñen moitas ganas de irse lonxe. O seu destino é A Coruña. Alí pasarano en grande no Planetario, no Domus e no Aquarium.

 

Xoves Xuño 06, 2019
Start: 06/06/2019 11:00
End: 06/06/2019 12:35

Arquivo Histórico Provincial de Ourense oferta a actividade educativa-teatralizada denominada "Os segredos dos franciscanos".

Trátase dunha actividade gratuíta deseñada especialmente para complementar o coñecemento sobre o legado histórico e artístico que os franciscanos deixaron na cidade de Ourense.

Os alumnos/as participarán nun obradoiro da man de profesionais especializados na didáctica do patrimonio; realizando unha visita á exposición, un percorrido polas instalacións do AHPOu así como unha parada guiada polos distintos lugares históricos da nosa cidade: praza do Trigo, praza do Correxidor e claustro de San Francisco.

 

Nesta ocasión e aproveitando que esta semana festéxase o día dos "Arquivos",  asisten os nenos/as de 4ºA de Educación Primaria, 

 

 

Xoves Xuño 13, 2019
Start: 13/06/2019 10:30

Coa finalidade de favorecer o proceso de transición da etapa de educación primaria á etapa de educación secundaría, o alumnado de 6º curso terá este xoves día 13 de xuño unha saída ao IES Ramón Otero Pedrayo, en horario de 10.30 a 12:00 horas.

Alí os rapaces terán unha charla explicativa da nova etapa que comezarán en setembro tanto a nivel curricular como organizativo; visitarán as instalacións guiados por antigos alumnos/as deste colexio e finalmente serán convidados a un pequeno almorzo  todos xuntos.

Distribuir contido


by Dr. Radut