AXUDA LIBROS DE TEXTO CURSO 2020-2021


 

 

A Orde do 12 de maio de 2020 regula a participación no fondo solidario de libros de texto e convoca axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en Educación Primaria para o curso escolar 2020/21.

Este curso só recibirá vales de axuda para libros de texto o alumnado de 1 º e 2º de Ed. Primaria.

O alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria terá que solicitar libros dos que existan nos fondos do colexio (en 3º e 5º non hai fondos, polo que só recibirán os libros que lles correspondan pola renta familiar: 6 ou 4 libros).

 

Prazo para presentar as solicitudes

 

  • O prazo para presentar solicitudes rematará o día 19 de xuño de 2020 (este incluído).

 As ordes e a documentación:

- Só se cumprimentará un impreso por familia .

 

 

LISTAXE PROVISIONAL de ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2020/21

 

 

 

Na primeira semana de xullo publicaremos no tabolerio do centro a listaxe provisional. Comunicaremos nesta web e por medio de Abalar Móbil a data de publicación.

 

Prazo de reclamación: dous días posteriores á publicación.

 

LISTAXE DEFINITIVA de ADXUDICACIÓN DO FONDO DE LIBROS 2020/21

 

No mes de xullo, tres días despois da listaxe provisional, publicaremos no tabolerio do centro a listaxe definitiva.

Os libros serán entregados ao alumnado o 1º día de clase do curso 2020/2021. Os libros non adxudicados deberán ser mercados polas persoas interesadas.

 

 

 

 A Relación de libros de texto para o curso 2020/2021 publicarase próximamente

ENGLISH IS FUN

NOVAS ACTIVIDADES INGLÉS

HELLO EVERYONE!!!!

PARA ACCEDER AS NOVAS ACTIVIDADES COLGADAS RECENTEMENTE DE LINGUA ESTRANXEIRA IR A ACTIVIDADES- IDIOMA ESTRANXEIRO. BUSCAR O CURSO, AS ACTIVIDADES ESTAN SINALADAS CO NÚMERO 5, OU BEN PREMER NO SEGUINTE ENLACE:

ENGLISH IS FUN

EN CASO DE TER ALGÚN PROBLEMA PODEDES CONTACTAR CONMIGO VÍA CORREO ELECTRÓNICO OU ABALAR MÓVIL.

ÁNIMO!!!!!

ACTVIDADE INTERCENTROS

Dende o Equipo de Biblioteca e o EDLG  do Ceip Saco e Arce de Toén, adxuntannos a explicación  e a  invitación para que tanto nós como  o noso alumnado,  participemos voluntariamente  da iniciativa que tedes no documento adxunto para homenaxear a D. Ricardo Carvalho Calero no Día das Letras Galegas.

 

Arts&Crafts (plástica)

Bo día familias,

Aquí tedes unha proposta de actividade. Tedes que trazar a man de cada persoa coa que convivides, pegalas unhas encima das outras empezando pola man máis grande,  copiar a frase que tedes na foto e despois Lockdown 2020. No apartado de actividades Arts&Crafts tedes unha padlet que podedes ir colgando fotos dos vosos traballos. Enviarei a contrasinal por mensaxe.

     Cando o mundo permanecía afastado  o meu lugar favorito era este.

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN (novo alumnado)

ABERTO O PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN (novo alumnado)

Reanúdase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión para o curso escolar 2020/2021  do  11 ó 18 de maio.

Publicación das listas provisionais, antes do 9 de xuño.

Publicación das listas definitivas, antes do 26 de xuño.

Formalización da matrícula do alumnado admitido do 1 ó 10 de xullo.

ARTS &CRAFTS ( PLÁSTICA)

Ola familias,

Propomos as seguintes actividades para realizar durante o confinamento.

Podedes acceder ás actividades no apartado de Arts&Crafts situado no menú da dereita, ou premendo neste enlace: ARTS & CRAFTS.

ACLARACIÓN: Hai tres actividades que pon quinto e sexto, esto non significa que o alumnado destes dous cursos só podan facer estas tres actividades poden facer todas as que queiran. 

AVISO

AS FAMILIAS QUE TEÑAN NECESIDADE PODEN POÑERSE EN CONTACTO CON CÁRITAS

988236819

ACTUALIZACIÓN DE TAREFAS PARA O ALUMNADO ( 20 abril)

NOS ARQUIVOS ADXUNTOS E NO CURSO CORRESPONDENTE DA COLUMNA DA DEREITA ATOPAREDES A ACTUALIZACIÓN DE TAREFAS PARA O ALUMNADO

ENGLISH IS FUN

 

OLA FAMILIAS,

QUEREMOS PROPOR UNHAS ACTIVIDADES NOVAS PARA TRABALLAR COS VOSOS FILLOS E FILLAS INGLÉS NA CASA.

PODEDES ACCEDER AS ACTIVIDADES NO APARTADO IDIOMA ESTRANXEIRO SITUADO NO MENÚ DA DEREITA, OU PREMENDO NESTE ENLACE: ENGLISH IS FUN

AS ACTIVIDADES ESTÁN SECUENCIADAS POR CURSO E UNIDADES. TEDES QUE PREMER NO NÚMEROS E DIRECTAMENTE ACCEDEDES A ACTIVIDADE.

UNHA VEZ REMATADAS ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES O PREMER EN FINALIZAR TEDES DÚAS OPCIÓNS OU BEN AUTOCORREXIR OU ENVIALAS AO PROFESOR.

CONSIDERAMOS QUE A MELLOR OPCIÓN É AUTOCORREXILAS E SI CREEDES NECESARIO PODEDES ENVIAR AS ACTIVIDADES REMATADAS Á PROFESORA CORRESPONDENTE.

SE TEDES ALGUNHA DÚBIDA PODEDES PÓRVOS EN CONTACTO CON NÓS, NOS SEGUINTES CORREOS ELECTRÓNICOS:

isaprolita@gmail.com

teacherceipinmaculadaourense@gmail.com

 

Distribuir contido