HORARIO DE ENTRADA curso 20-21
ENTRADAS E SAIDAS DURANTE O CURSO 20-21
HORARIO DE ENTRADA . XOVES, 9 DE SETEMBRO:
9:00 h. |
5º e 6º Ed. Primaria |
9:30 h. |
3º e 4º Ed. Primaria |
10:00 h. |
Ed. Inf. (4 e 5 anos) |
10:30 h. |
1º e 2º Ed. Primaria |
Este día o alumnado acudirá cun único acompañante ata o patio, onde os recibirá a directora e a correspondente titora, para concretar pautas xerais do curso, a continuación o alumnado accederá á sua aula acompañado pola súa titora.
PERÍODO DE ADAPTACIÓN ALUMNADO 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos)
Benvidos á escola, iniciamos un novo curso con moita ilusión e ganas de coñeceros.
O venres día 3 teremos unha pequeña reunión país/nais do alumnado de 4º de E.I as 11:00 h na que explicaremos as normas básicas e
período de adaptación.
No período de adaptación teremos 2 grupos ( informarase dos listados na reunión) e faremos co seguinte horario:
-Os días 9 e 10 serán 1,5 h cada grupo
-Os días 13 e 14 serán 2 h cada grupo
-O día 15 todos xuntos de 9:30 á 12 h.
-O día 16 todos xuntos de 9:30 á 13 h.
-O día 17 todos xuntos de 9:30 á 13:30 h.
-A partir do 20 horario normal 9:10 á 13:40
Contamos coa vosa presenza!
CURSO 2021-2022- SERVICIO DE ACOLLIDA TEMPERÁ E COMEDORES FAPA OURENSE
INFORMACIÓN AOS USUARIOS NO SEGUINTE ARCHIVO ADXUNTO:
Graduación fin de curso 2021
Aquí deixámosvos os vídeos da Gradación de 6º E.Primaria e 6º E.Infantil.
Celebramos no cole o Día das Letras Galegas
Este ano as nenas e nenos do CEIP Inmaculada sacamos os nosos instrumentos musicais para falar de Xela Arias, a quen está adicado o Día das Letras Galegas 2021
FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA O CURSO 2021-2022
Estimadas familias, xa está aberto o prazo para a solicitude de axudas para libros de texto e material
escolar, para o vindeiro curso 2021-2022.
Pódese consultar toda a información nas seguintes ligazóns:
2. A Orde completa publicada no DOG do 20 de maio
3. O acceso á sede dixital para presentar telemáticamente.
4. O acceso á aplicación fondolibros para xenerar a solicitude.:
O impreso de solicitude pódese imprimir e cubrir manualmente ou recoller no
centro, onde estará dispoñible .
Anexos 1 e 2
5. O cálculo da renda per cápita (con respecto á Renda 2019)
Día da Familia en 3º de primaria do CEIP Inmaculada
Con este agasallo para as familias queremos celebrar os nenos e nenas de 3º de primaria o Día da Familia, que se celebra o 15 de maio.
Os minerais en 3º de Primaria
As nenas e nenos de 3º de Primaria examinan diferentes minerais:
DEPUTADOS POR UN DÍA
Un ano máis dende o centro participamos no programa sobre valores, DEPUTADOS POR UN DÍA. O alumnado de 6º de Educación Primaria elabora unha ponencia e redacta dous compromisos.
Neste programa participan outros tres colexios galegos,que fan o mesmo que o noso.
Os compromisos dos colexios galegos versan sobre os Obxectivos para o Desenvolvemento Sostible que Falan de loitar contra a pobreza, as desigualdades e promover a xustiza social.
Entre todos os compromisos redactados , o alumnado e familias votará un deles. (OS COMPROMISOS DO NOSO CENTRO SON o 7,8 e 9)
O enlace para participar e votar o compromiso é o seguinte:
https://forms.gle/SvfKLFbBUNgvmFSZ8
Ademais o día 6 de maio ás 11:00 a. m. terá lugar unha lectura telemática da ponencia e dos compromisos en liña dende a aula de 6º de primaria, en conexión co resto dos centros participantes, coa intervención do Presidente do Parlamento Galego, o Presidente de Aldeas Infantiles e a coordinadora do programa.
Toda a comunidade educativa poderá asistir como público, convidámosvos a participar, para elo deberedes registrarvos no seguinte enlace ata o mesmo día do acto e incluso durante éste.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »