Visita xardín botánico Montealegre
As alumnas e alumnos de 1º e 2º de primaria visitaron as instalacións do xardín botánico de Montealegre a pasada semana.
2 de maio. Día non lectivo no C.E.I.P. Plurilingüe Inmaculada
O vindeiro martes 2 de maio será non lectivo no noso centro polo que dende o venres 28 de abril, as clases retomaranse o mércores 3 de maio.
Disfrutade da ponte e aproveitade para preparar o final deste curso!!
Todos e todas contamos
Actividade realizada no centro, con carácter inclusivo onde os monitores con diversidade funcional dirixiron diferentes talleres, contacontos, etc., co alumnado do centro.
Listaxes alumnado admitido para o curso 2023-2024
Todo o alumnado que cursou solicitude de admisión para o curso 2023-2024, foi admitido.
AXUDAS DE COMEDOR (TODO O ALUMNADO) E LIBROS(EDUCACIÓN INFANTIL) DO CONCELLO DE OURENSE. CURSO 2023/2024
ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES PARA AXUDAS DE COMEDOR (TODO O ALUMNADO) E LIBROS (EDUCACIÓN INFANTIL) DO CONCELLO DE OURENSE. CURSO 2023/2024.
O prazo de solicitudes para as axudas escolares do curso 2023/2024 é de 15 días hábiles contando a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (publicado hoxe 21 de abril).
Os impresos de solicitude da subvención estarán dispoñibles a páxina web municipal www.ourense.gal.
Para mais información deben dirixirse Asuntos Sociais do Concello de Ourense, teléfono 988388133
ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO-BOOKCROSSING
Estimadas Familias,
O día 23 de abril celébrase o día do libro. Para comemorar o día na vindeira semana faremos varias actividades, entre elas unha VOLUNTARIA de BOOK CROSSING.
BC ou BookCrossing é a práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan otros lectores, que tamén farán o mesmo. Aquel alumnado que queira participar pode traer un libro que será deixado nalgún lugar do cole para que o atope outro alumno/a .
Para poder organizar a actividade aquel alumnado que queira participar pode traer o seu libro o o luns 22 e o venres 24
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »