GRAZAS E BO NADAL!

Comenzamos o curso con incertidume e preocupación pola nova situación, pero cheos de ilusión por poder recibir de novo aos nen@s no colexio. Agora que remata este trimestre, queremos agradecervos a vosa comprensión, implicación e responsabilidade. Sen esa colaboración non houbera sido posible o ensino presencial que tanto desexabamos. Neste momento, que se aproximan as festas de Nadal, pedirvos que sigades mantendo as precaucións necesarias para poder retomar o curso á volta das vacacións.

 

 

 

Entre tod@s podemos conseguilo.

 

 

Moitas GRAZAS 

 

A Dirección e o Claustro de Mestres deséxanvos un BO NADAL a tod@s.