Skip to Content

RESERVA DE PRAZA

Está publicada a listaxe de alumnado que solicitou reserva de praza no taboleiro interior do centro.

Así mesmo infórmase de que resultou admitido  todo o alumnado que solicitou a reserva.

Nadal 2023

BENVIDA AO CURSO 2023-2024

O horario do centro dende o  vindeiro luns 11 de setembro será de 8:50 a 13:50. para o alumnado de Primaria.

O horario do alumnado de Educación Infantil será o seguinte: 

4º de Infantil (3 ANOS): de 9:00-13:40. Excepto a primeira semana que será de adaptación.

5º de Infantil (4 ANOS): de 8:55-13:45.

6º de Infantil (5 ANOS): de 8:50-13:50.

O alumnado de 1º de Primaria poderá acceder ao centro acompañado dun familiar durante as dúas primeiras semanas. As filas situaranse diante da porta esquerda do edificio de Primaria.

BO INICIO DE CURSO!

 

FONDO SOLIDARIO E AXUDAS DE LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR 2023/2024

Apertura de prazo para solicitar o fondo solidario e axudas para adquirir libros de texto e material escolar para o curso 2023/2024 par o alumnado matriculado en Educación Primaria.

PRAZO DE PRESENTACIÓN: 22 de maio ao 21 de xuño.

 

PRÉGASE LER CON ATENCIÓN AS INSTRUCCIÓNS QUE SE ACHEGAN.

 Podes descargar a SOLICITUDE, INSTRUCCIÓNS E ORDE nos documentos adxuntos.

Instrucións de Fondolibros by CRISTINA BERMÚDEZ DOMÍNGUEZ on Scribd

LIBROS DE TEXTO 2023/2024

Adxunto podedes ver o listado dos LIBROS DE TEXTO para o vindeiro curso escolar 2023/2024.

FONDO SOLIDARIO 2023/2024

 

 

AULA VIRTUAL

Guía para entrar na aula virtual.

Alí, poderedes ver os titoriais de webex e classdojo así como entrar nos cursos a partir de terceiro de Primaria. Tamén podedes entrar no Departamento de Orientación onde están creados cursos de P.T/AL con diversas actividades para o alumnado ou na Escola de Nais e Pais na que se irán insertando vídeos sobre diversos temas de interese.

Distribuir contido


by Dr. Radut