Skip to Content

Fondo solidario --- AMPLIACIÓN AXUDAS para adquisición de material escolar curso 2022-23

A consellería aprobou unha ampliación da axuda para adquirir material escolar  regulada na Orde do 29 de abril de 2022 a favor das persoas que xa foron beneficiarias desta axuda por importe de 50€, para concederlles 25€ adicionais ata acadar un importe total de 75€.

Normativa: Resolución  5 outubro de 2022 de concesión directa da ampliación da axuda para adquirir material escolar, regulada na Orde do 29 de abril de 2022

Destinatarios: alumnado que foi beneficiario de axuda por importe de 50€ para adquirir material escolar para o curso 2022-23.

Recollida de vales: a partir do día 17 ás 12:00h.

 

O vale deberá de empregarse preferentemente na libraría/establecemento antes do 1 de decembro do 2022

Reunión familias alumnado 4º infantil (3 anos)

O vindeiro martes 28 de xuño ás 11:00h no edificio Anexo terá lugar unha reunión de carácter informativo para as familias dos alumnos de 4º de infantil.

Matrícula comedor curso 22/23

Dende o Concellería de Educación do Concello de Lugo, e a empresa concesionaria dos servizos de xantar e madrugadores, informannos que todas as persoas interesadas en reservar praza no servizo de madrugadores ou comedor para o vindeiro curso, terán na web municipal
http://concellodelugo.gal/es/actuaciones/servicio-municipal-de-comedores-escolares
toda a información relativa para o proceso de inscrición a partir de mediados do mes de xulio, ata o 20 de agosto, para aqueles usuarios que queiran empezar no mes de setembro. Os usuarios que queiran comezar calquera outro mes bastará con darse de alta antes do día 22 do mes anterior.

AXUDA DO CONCELLO DE LUGO PARA MATERIAL ESCOLAR NO 2º CICLO DE ED. INFANTIL. CURSO 2022/23

Prazo de presentación: 1 ao 21 de xuño

Lugar de presentación: Rexistro do Concello de Lugo ou nos outros lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro

Solicitude

Enlace á sede electrónica do Concello de Lugo

Enlace á información na web do Concello de Lugo

MATRÍCULA DE NOVO ALUMNADO. CURSO 2022/23

Prazo: 20 ao 30 de xuño

Documentación para formalizar a matrícula. Prema aquí

As familias do novo alumnado tamén poden obter a documentación para formalizar a matrícula na secretaría do centro.

FONDO SOLIDARIO. AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO. AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE MATERIAL ESCOLAR. CURSO 2022/23

Normativa: Orde do 29 de maio de 2022 (DOG 18/05/2022)

Destinatarios: alumnado que no curso 2022/2023 estude en Educación Primaria ou ESO

Prazo de presentación de solicitudes: 19 de maio ao 22 de xuño (ambos incluídos)

Lugar de presentación: Na secretaría do centro ou por vía electrónica empregando os formularios normalizados dispoñibles na aplicación Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galica (https://sede.xunta.gal)

Achégase a seguinte documentación:

Distribuir contido


by Dr. Radut