Os interesados poderán realizar solicitudes ao centro a través das seguintes canles:
-De forma presencial
-A través do correo electrónico do colexio (ceip.illaverde@edu.xunta.es)
As solicitudes que poden realizar a través do e-mail do colexio son as seguintes:
- SOLICITUDE DE CERTIFICADOS
Os interesados terán que cubrir a solicitude e remitila ao correo electrónico do colexio. Na maior brevidade posible poñerémonos en contacto para concretar a entrega do certificado. Os interesados terán que recoller persoalmente os certificados. No caso de non poder recoller o certificado persoalmente a persoa que veña a recollelo deberá traer unha autorización asinada e copia do DNI do interesado. Certificados que poden solicitar:
- CERTIFICADO DE MATRÍCULA
- CERTIFICADO DE MATRÍCULA CON FALTAS DE ASISTENCIA
- CERTIFICADO DE ESCOLARIDADE (EXB)
- CERTIFICADO DE GRADUADO ESCOLAR (EXB)
- CERTIFICADO DE LINGUA GALEGA (CELGA)
- OUTROS (especificar no modelo)
SOLICITUDE DE CERTIFICADOS. PREMA AQUÍ |
AUTORIZACIÓN PARA QUE OUTRAS PERSOAS RECOLLAN O CERTIFICADO. PREMA AQUÍ |
INFORMACIÓN REQUISITOS PARA OBTER CERTIFICADO CELGA. PREMA AQUÍ |
- SOLICITUDE DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO PARA USOS NON ESCOLARES
Os interesados terán que asinar a solicitude con certificado dixital de persoa física ou xurídica e remitila ao e-mail do centro (aplicación autofirma). Tamén poden entregar a solicitude na secretaría do colexio.
SOLICITUDE DAS INSTALACIÓNS DO CENTRO PARA USOS NON ESCOLARES. PREMA AQUÍ |
- SOLICITUDE DE EXENCIÓN DA LINGUA GALEGA (5º E 6º ED. PRIMARIA)
Os interesados terán que asinar a solicitude con certificado dixital e remitila ao e-mail do centro (aplicación autofirma). Tamén poden entregar a solicitude na secretaría do colexio.
SOLICITUDE DE EXENCIÓN DA LINGUA GALEGA. PREMA AQUÍ |
NORMATIVA QUE REGULA A EXENCIÓN DA LINGUA GALEGA. PREMA AQUÍ |
- SOLICITUDE DE ENTREVISTA/REUNIÓN
Os interesados terán que cubrir a solicitude e remitila ao e-mail do colexio. Na maior brevidade posible poñéremonos en contacto para concretar a data e hora da entrevista/reunión.
As reunións de titoría serán os martes entre as 16:00 h e as 17:00 h. É necesario solicitar a reunión con anticipación para falar cos especialista e organizar o tempo dispoñible.
As reunións cos membros do equipo directivo, orientadora, ... requiren solicitar previamente unha cita.
SOLICITUDE DE ENTREVISTA/REUNIÓN. PREMA AQUÍ |
. SOLICITUDE ALERTA ESCOLAR (información xeral)
- SOLICITUDE XENÉRICA
No caso de que desexen realizar unha solicitude distinta ás anteriores poden empregar este modelo de solicitude xenérica. Os interesados terán que cubrir a solicitude e remitila ao e-mail do colexio. Na maior brevidade posible estudiaremos e daremos resposta a vosa solicitude.
SOLICITUDE XENÉRICA. PREMA AQUÍ |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
alerta_escolar_formulario.pdf | 94.21 KB |
Alerta escolar info.pdf | 1.93 MB |