Skip to Content

Histórico de actividades

histórico de actividades realizadas en el centro

EDUCACIÓN VIARIA

HERBAS DE SAN XOÁN

Hoxe quixemos realizar  unha das tradicións galegas: poñer ao remollo as herbas de San Xoán para poder mañá lavar a cara coa auga.

Botamos xesta, fiuncho, romeu, herba Luísa, herba de San Xoán, malva, fento e rosa. Qué arrecendo!

Moitas grazas, familias pola vosa colaboración!

 

SAÍDA AO PARQUE DE CASTRELOS

O xoves día 9 de xuño fixemos unha saída ao parque de Castrelos.

Fomos camiñando dende o colexio e, ao chegar, o primeiro que fixemos foi visitar os xardíns do pazo. Alí merendamos e despois fomos a xogar ao parque.

Que ben o pasamos!

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES

Hoxe fomos de excursión ás Illas Cíes.

Fixemos unha ruta ata o Alto do Príncipe, bañámonos e xogamos na praia. Comemos e, por último, participamos nunha gincana.

Foi un día estupendo!

LETRAS GALEGAS

Celebramos as Letras Galegas, adicadas este ano a Florencio Delgado Gurriarán.

 

Asistimos á presentación do autor realizada polos compañeiros de 5º P  na Biblioteca do centro.

 

Colgamos prendas de roupa do traxe rexional galego coas verbas en galego elexidas por  nós.

VISITA DO ALCALDE

Co gallo da visita do alcalde de Vigo ao colexio, nós fomos os encargados de darlle a benvida facendo unha actividade de acrosport.

 

 

LECTURA DÍA DO LIBRO

Hoxe fixemos lectura ao aire libre para celebrar o Día Do Libro que foi o pasado 23 de abril.

TALLER ANTIGUORAMA

Hoxe transportámonos á Idade Media, desenvolvendo oficios desa época no taller Antiguorama, dentro das actividades do Camiño de Santiago.

ACTO CONTRA A GUERRA DE UCRANIA

Hoxe participamos nun acto contra a guerra de Ucrania e a favor da PAZ.

Gardamos un minuto de silencio, leuse un alegato e todos gritamos: QUEREMOS QUE NOS DEVOLVAN A PAZ!

COIDADO DO GALIÑEIRO

Esta semana, do 14 ao 18 de marzo, coidamos o galiñeiro. Fixemos todas as tarefas con moita ilusión, sobre todo, recoller os ovos!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut