Skip to Content

PAISAXE NA PORTA DA AULA

Xa temos a porta da aula pintada. Pintamos entre todos e todas o boceto que fixo Noa e fixemos a descripción da paisaxe.

 

A NOSA PAISAXE

A nosa paisaxe é de costa.

A dereita está o peirao onde atracan os barcos.Gustaríame pasear por el coa miña bici.

No centro están os peixes e os barcos de pesca, os veleros...

Diante da montaña hai unha ponte vella. Por debaixo de ela pasa o mar.

Ó fondo, ben alto o sol amarelo e brillante, e as gaivotas voando felices polo ceo azul.

Arriba a esquerda un acantilado cun faro que ilumina toda a paisaxe.

¡Como me gustaría subir ó faro!

Un pouco máis atrás unha montaña de cor verde intenso.

Cando pecho os ollos podo sentir a brisa mariña, cheirar as algas e a salitre, escoitar como rompen as olas no acantilado, como soan as sereas dos barcos que chegan ó peirao e o alboroto das gaivotas.

 




page | by Dr. Radut