Skip to Content

NORMAS XERAIS

 

             Algunhas normas xerais

 

  1. O alumnado asistirá ao ao colexio de forma puntual para non interromper a marcha das clases. A entrada para primaria é as 9:00. Ás 9:05 h. entrará o alumnado de educación infantil.
  2. O alumnado que chegue máis tarde, pasará por secretaría co adulto para xustificar o retraso
  3. A hora de saída é ás 14:00h. para educación primaria e ás 13:55 para educación infantil. As familias recollerán os/as alumnos/as nas portas de acceso ao centro.
  4. O alumnado de primaria disporá dunha axenda escolar. Utilizarémola para que os alumnos/as anoten as súas tarefas, o profesorado anota avisos, incidencias e citas. As familias anotan avisos e solicitan entrevistas.
  5. Para xustificar as faltas  de asistencia temos o modelo oficial do centro que presentarase presenciamente ou por correo electrónico. 

Grazas pola colaboración.

Estamos á disposición das familias para aclarar calquera dúbida.

 



page | by Dr. Radut