DECÁLOGO PARA O ÉXITO ESCOLAR
1-Manter unha actitude positiva respecto ao Centro.- Hai que mostrarlle ao fillo/a o teu contento co colexio. Se tes queixas, non o fagas na súa presenza.
2-Crear un espazo de estudo fixo e cómodo.- Ten que estar alumeado, ventilado e alonxado de posibles distraccións. Debe contar cunha ampla e rercollida mesa, unha cadeira cómoda e recta, todo o material necesario e un moble a carón para poder gardalo.
3-Esixir un tempo de estudo diario adecuado ao nen@.- É fundamental para o exito escolar ter un horario fixo ademais dun lugar de estudo fixo.
4-Axudarlle a organizarse.- Probablemente non poida só e é moi importante estar ben organizado.
5-Potenciar a súa resposabilidade e autonomía.-A medida que se van facendo maiores teñen que ser máis responsables das súas cousas, pero xa dende pequenos deben resposabilizarse dalgunhas cousiñas: a súa mochila, os seus deberes, unha tarefa sinxela na casa,...
6-Supervisar o seu traballo e mostrar disponibilidade.- Aínda que teñen que ser autónomos hai que revisar as súas cousas e axudarlles no que precisen.
7-Controlar as horas de sono e a alimentación.- Se non durmen o suficiente cústalle centrarse na clase e se non manteñen unha dieta equilibrada estarán de mal humor. Por isto e por cuestións de saúde é importante que coman e durman ben.
8-Reforzar os seus éxitos, pero sobretodo o seu esforzo.- Se tira unha boa nota nun exame, xenial; pero o máis importante é que sepa a lección e que se esforzara.
9-Atopar maneiras de motivar.- Que o nen@ millorou? Pois, xenial! Pero agora tes que saber premialo. Non ten por que ser algo material, pode ser un bico e un eloxio ou unha tarde na que elixa os plans. O importante é que se sinta especial e con ganas de seguir esforzándose.
10-Manter cotacto co Centro Educativo.- Casa-escola, escola-casa; esa é a fórmula. Un bo método é a axenda escolar na que podes comunicarte a través de notas. Tamén se debe acudir ás reunións colectivas e solicitar algunhas persoais. Así contarás coa sabiduría do/a titor/a para educalo/a.
+++Por Laura Piñeiro Mariño a partires dun artículo do xornal e comentado na clase.