FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA DE NOVO INGRESO
FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA
As datas para a formalización de matrícula son do 20 ao 30 de xuño, de 9h a 14h.
Pode descargar a documentación a cubrir nas seguintes ligazóns ou recollela na secretaría do centro:
-Relación de toda a documentación a achegar.
-Formulario de inscripción Anexo III-1.
O 27 de xuño haberá unha reunión coas familias de novo ingreso para explicar as normas de organización e funcionamento do centro e calquera dúbida que poida xurdir.
LISTAXE DEFINITIVO DE ADMITIDOS
Todo o alumnado que solicitou praza dentro do prazo establecido (do 1 ao 20 de marzo) está admitido no centro.
As listaxes están dispoñibles de dúas formas:
-No taboleiro de anuncios interno do centro.
-A través da aplicación de “Admisión Alumnado”, sendo necesario consultalas co certificado dixital ou chave 365.