Skip to Content

O SAN XOÁN

O San Xoán é a noite do solsticio de verán

 Para preparar o San Xoán, o seu é poñerse roupa cómoda e botarse ao monte para buscar as sete herbas que non poden faltar para cumprir co ritual protector da noite máis curta do ano.

 As herbas para facer a auga deben estar recollidas antes da caída da noite.

A tradición di que, coa escuridade, as forzas do mal libéranse e as plantas cortadas tras a posta do sol non serían puras.

• A primeira é a flor de San Xoán ou « espantademos», cuxa finalidade está clara.

• Non pode faltar o fiuncho, preciso para evitar o mal de ollo.

• Engadamos á lista a herba luisa, que protexe dos enganos e do mal de amor.

• Poñamos malva silvestre, capaz de « abrandar os caracteres máis duros»,

Fento macho, «que protexe os fogares»

• Completemos co romeu, « unha herba que estimula, pero que tamén purifica».

A partir desa mestura básica de herbas, en cada zona, mesmo en cada casa, compoñen as súas propias receitas, e incluso con auga «de sete fontes».

A mestura deberá pasar a noite ao raso, para ser bendicida polo orballo.

E ao día seguinte hai que lavarse a cara con esa auga purificadora, mirando ao sol.

 

 



page | by Dr. Radut