QUE HAI DETRÁS DA NOSA HORTA?
Hoxe 24 de setembro estivemos na horta do colexio recordando o que plantamos o curso anterior e tamén observamos que ao fondo estaba o conserxe arranxando e preparando algo. Que será?
Estivemos pensando varias posibilidades e agora só nos queda agardar a ver que ocorre esta semana. Estamos moi ilusionados e ilusionadas xa que cremos que ten que ver con galiñas.....