Skip to Content

SEMANA DO 10 AO 14 DE MAIO

SEMANA DOS MAIOS E LETRAS GALEGAS

Grazas a toda a comunidade educativa por colaborar no traballo da elaboración dos maios.  FOI EMOCIONANTE! 

PARA VER FOTOS VAI Á GALERÍA DE IMAXES

Como resumo da semana dos MAIOS E LETRAS GALEGAS elaboramos este vídeo. 

Preme na imaxe para visualizalo.

 

Estamos traballando para que o venres poidamos disfrutar dos nosos maios: colocando as xestas e o fiúncho, facendo colares cos pampullos, ovos e carrabouxos.

 

Aquí tendes as NOSAS COPLAS para que vaiades cantando.

 

 

Esta semana coñeceremosmos á escritora Xela Arias, homenaxeada este ano no Día das letras Galega. Tentaremos coñecer máis a súa vida e as súas obras, sobre todo a súa poesía.

PREME NA IMAXE

 genially

 

Tamén confeccionaremos os nosos maios para celebrar a chegada da primavera. Hoxe luns o colexio arrecendía a fiúncho, xestas floridas, pampullos e demais flores silvestres que aportamos para os maios. Neles, ademais das flores naturais, todo os nenos e nenas do colexio expresarán as súas emocións coas súas caras.

"EMOCIÓNATE COS NOSOS MAIOS" "EMOCIÓNATE COS MAIOS DE XELA ARIAS"

Tamén cantaremos as coplas nas que recrearemos a biografía de Xela Arias.

Xa esta todo preparado para comezar a traballar.



page | by Dr. Radut