TAREFAS PARA A SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO
SAÚDOS NENOS, NENAS E FAMILIAS. aDICAMOS AS ACTIVIDADES DESTA SEMANA AO MEDIO AMBIENTE
TAREFAS SEMANA DO 1 AO 5 DE XUÑO
Adicamos as tarefas desta semana ao Día Mundial do Medio Ambiente, que se celebra o 5 de xuño.
Centrarémonos na contaminación e os seus efectos.
1.
Mira o vídeo: https://youtu.be/-aBYdkVkURI . Anota tres tipos de contaminación. Despois elabora un esquema engadindo exemplos a cada tipo de contaminación.
2.
Debido ao cese das actividades polo Covid-19, disminuiu a contaminación no mundo. Compara a imaxe do ano 2019 e a do 2020 nos meses de marzo e abril. Conta o que observas nun breve texto.
1.
Para coidar o planeta é moi importante reciclar. Mira este vídeo https://youtu.be/u-WwWuUh1jwhttps
-
Cales son as tres R do reciclaxe?
-
Escribe una oración con cada unha das palabras das tres R.
1.
Lista de vocabulario: escribe os nomes dos residuos que tiras ao lixo orgánico, ao de plástico, ao de papel e ao de cristal.
2.
Elabora un cartel (tamaño folio) que anime á xente a reducir o consumo de plásticos. Ten que chamar a atención, non esquezas escribir o lema.
3.
Calcula:
-
No mes de abril circularon a cuarta parte dos vehículos . Cantos vehículos circularon si normalmente circulan en Vigo 295.364?
-
O lixo que se tira nunha casa está dividido en : orgánico, plástico, cristal e papel. Representa nun rectángulo a fracción correspondente a cada residuo (según o que ti ves na túa casa, tes que facer un rectángulo para cada tipo de residuo) con cores diferentes. Escribe a fracción con número e con palabras.
-
O camión do lixo empeza a súa recollida ás 11.00 da noite e remata ás 02.00 da mañá? Cantos minutos emprega en facer o traballo?
-
Para transportar o vidro dende a cidade ata a industria que o recicla, un camión ten que percorrer 1.378 km. Si xa percorreu 695 km, cantos km lle faltan por percorrer?
- Inventa o enunciado dun problema que teña que resolverse cunha suma e unha división. Despois resólveo.
4.
Vamos a reciclar unha prenda de roupa (actividade voluntaria). Busca unha camiseta branca que xa non uses. Sabedes que a industria textil é unha das máis contaminantes do mundo?
Neste vídeo podedes ver como teñir a vosa camiseta e así darle un segundo uso https://youtu.be/TMaxTs5s8w0
Este sería o resultado: