Skip to Content

TAREFAS PARA A SEMANA DO 25 AO 29 DE MAIO

SAÚDOS NENOS, NENAS E FAMILIAS. DEIXOVOS AS TAREFAS SEMANAIS

SEGUIDE TRABALLANDO QUE O FACEDES MOI BEN

 

 

Comer froita é un dos hábitos alimentarios máis importantes, pero se ademáis é froita de tempada, moito mellor. Non en todas as épocas do ano se poden cultivar todas as froitas. Isto é debido a que cada variedade depende dunhas condicións de temperatura e humidade diferentes.

Elixir froitas de tempada ten algunhas vantaxes: ao haber máis produto, o seu prezo é menor ca o resto do ano.

Ademáis, como van directamente desde onde se cultiva ao mercado, non se necesita almacenar nin refrixerar e así o produto sofre menos, diminúe o gasto enerxético e axúdase á protección do medio natural.

 

1.   

RESPONDE AS SEGUINTES PREGUNTAS

 

o  

Que froita do calendario é a que máis che gusta? De que tempada é?

…………………………………………………………………………………

 

o  

Escribe tres froitas da estación en que te atopas agora mesmo.

…………………………………………………………………………………

 

o  

Que vantaxes ten comer froitas de tempada?

………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

2.   

INVESTIGA. TAMÉN EXISTEN VERDURAS DE TEMPADA. BUSCA INFORMACIÓN E ESCRIBE TRES EXEMPLOS DE CADA ÉPOCA.

 

3.   

DESEÑA UN CARTEL PUBLICITARIO PARA ANUNCIAR UNHA DAS TÚAS FROITAS PREFERIDAS E QUE INDIQUE A TEMPADA EN QUE SE PODE COMER.

 

4.   

ESCRIBE UNHA NOTICIA. (En castelán) Un agricultor atopa unha cabaza xigante . Pensa en que lugar, en que data, que pasou, que fixo, … e non te esquezas de poñer un titular. Acompaña a noticia cunha fotografía(debuxo) do acontecido.

 

5.   

 ELABORA UN MENÚ PARA UN DÍA DA SEMANA QUE SEXA SAÚDABLE. (Almorzo, xantar, merenda e cea) Axúdate da pirámide dos alimentos.

 

1.   

ELABORA UHA MACEDONIA DE FROITAS. Elixe froitas desta tempada e prepara unha macedonia para convidar á túa familia.

Fai unha breve explicación por escrito dos pasos que fixeches , non esquezas lista de ingredientes. (En galego)

Podes enviar unha foto da túa macedonia.

 

2.   

REALIZA UNHA PIRÁMIDE ALIMENTICIA (podes facelo recortando alimentos dos folletos dos supermercados ou debuxando).

 

3.   

CALCULA

 

- Un transportista ten que percorrer 1.736 km para abastecer de froita a Vigo. Fai a viaxe en catro etapas. Si en cada etapa realiza o mesmo número de km, ¿Cantos km fai por etapa?

 

- Na viaxe consume 190 litros de gasoil. Si o litro de gasoil costa 1,08€, canto ten que gastar no gasoil?

 

-      

Ademáis de gasoil ten que pagar 6,50€ polo almorzo, 19,27€ polo xantar, 12,50€ pola cea e 65,00 € por durmir nun hotel. Calcula os gastos totais da viaxe.

 

-      

Ao chegar a Vigo ten que facerlle unha revisión ao motor do camión. O mecánico tarda 2 horas e 25 minutos en facelo. Calcula cantos minutos son. Despois calcula os segundos.

 

4.   

DEBUXA O CAMIÓN DE FORMA SIMÉTRICA (De xeito que si doblases o debuxo pola línea vermella, coincidirían as líneas dos camións.

1.   

XOGA. Simetría on line.

       https://micetf.fr/Symetrie/



page | by Dr. Radut