TAREFA RELIXIÓN
A BIBLIA, FONTE DE VALORES
Hola nen@s, Que tal? Esta semana imos empezar a preparar un bingo sobre a Biblia.
Que necesitamos?
- Cartolina/folio
- Tesoiras
- Lapis de cores, rotuladores ou ceras.
Que temos que facer?
- Dividir a cartolina/folio en 4 partes. Cada parte será unha tarxeta para o bingo.
- En cada tarxeta por unha banda escribides un valor dos que aparecen na imaxe
3. Dependendo do curso:
- 1º-2º PRIMARIA: Polo outro lado facedes un debuxo relacionado co valor elixido
- 3º-4º PRIMARIA: Polo outro lado escribides o nome dunha historia da Biblia que recolla un dos valores. Por exemplo: a historia da Arca de Noe ensínanos o valor da bondade, a historia de Abraham ensínanos o valor da fe…
- 5º-6º PRIMARIA: Polo outro lado escribides o nome dun MILAGRE ou dunha PARÁBOLA de Jesús que recolla o valor que elixistes. Por exemplo: A parábola do fillo pródigo móstranos os valores da alegría e o perdón entre outros.
Se pensades uns segundos atoparedes moitas historias/parábolas/milagres e a súa relación cos valores que estamos a traballar. MOITO ÁNIMO!!!
Para INFANTIL imos a CANTAR E BAILAR CON LO!!
Para rematar, tamén vos propoño a actividade de debuxar unha estrela fermosa e dentro escribides o voso nome.
Se tedes algún problema ou dúbida podedes consultarme ao correo conchimontero@edu.xunta.es, ademais de mandarme imaxes dos vosos traballos.
FELIZ SEMANA!!
Moitos bicos.