Skip to Content

TAREFAS PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

SAÚDOS NENOS-AS E FAMILIAS

UNHA SEMANA MÁIS, SEGUIMOS TRABALLANDO

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN NOS VÍDEOS. pARABÉNS POLOS RESULTADOS

 

TAREFAS SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

 

1.   

LE:

 

2.CONTESTA::

 - Que significa que os ríos españois teñen un caudal irregular?

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

-Por que os ríos españois non son navegables?

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

-Con que finalidade se construiron algunhas canles en España?

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

-Por que o curso baixo será máis navegable?

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

-Explica os tres cursos dos ríos.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….......................................

 

3 .BUSCA  información sobre o río Miño. Onde nace, por onde pasa, onde desemboca, como é o seu caudal, afluentes, ten algún encoro?

4 .DEBUXA o  percorrido do Miño nun mapa de Galicia sinalando as provincias polas que pasa.

5. REVISA O TEXTO

-Anota os nomes propios que atopes.

-Anota tres substantivos comúns que estén en plural. Despois, escríbeos en singular.

-Anota tres verbos que estén en infinitivo (Xa sabes que o infinitivo é como o nome dun verbo).

-Busca unha oración interrogativa no texto e copiaa. Despois transfórmaa en   enunciativa, exclamativa e desiderativa.

5. CALCULA

-Un barco transporta 3.550 kg de trigo pola canle de Castela. Cada caixa ten 25 kg. Cantas caixas leva o barco?

-Ao chegar ao porto de Santander, hai que descargar as caixas. Tardan 1 h e tres cuartos en facelo. Cantos minutos tardan? ( 1 hora = 60 minutos). E cantos segundos tardan? (1 minuto= 60 segundos)

-Debuxa dous reloxios analóxicos. O primeiro coa hora na que empezaron a descargar: as 18.00 h ; e o segundo coa hora na que remataron.

-Esa trigo chega en mal estado e hai que tirar a metade. Cantos kg quedan?

-Calcula cantos cartos perderon ao tirar a metade do trigo si cada kg comprárono a 1, 25 € e o venden a 2,15€.

 

6. Aventura no río Nilo. CONTA unha historia que aconteceu nunha navegación por este río. Primeiro averigua onde está.

Podes escribila en galego ou en castelán (ollo , non vale mesturar os dous). Acompaña o teu relato cun debuxo ben coloreado.

 

7. XOGA . Coloca os teus barcos e busca parella na túa familia para xogar.

 

8. MIRA o vídeo “ EL NILO, RÍO SUPREMO/ GRANDES DOCUMENTALES- YOUTUBE”

https://www.youtube.com/watch?v=l56IO5n1h3s

Anota todos os animáis vertebrados que aparecen no vídeo clasificados: mamíferos, aves, réptiles, anfibios e peixes.

 



page | by Dr. Radut