Skip to Content

Semana das Letras Galegas

Como xa sabedes o domingo é o día das Letras Galegas que este ano está adicado a Ricardo Carballo Calero.

Por iso as actividades van enfocadas a celebrar ese día.

 

1.- Le o poema de Manuel María e escribe as palabras que riman.

Tamén podes escoitalo no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=Ut5oCyClSEE

 

O arco da vella

no ceo subido

co seu colorín

co seu colorido.

 

O arco da vella

con sete colores

que teñen, no ceo,

beleza de flores.

 

O arco da vella

no ceo chantado

co seu colorín,

co seu colorado.

 

O arco da vella

é un arco triunfal

con sete guerreiros

que a ninguén fan mal.

 

O arco da vella

de luz feito é.

¡Resulta un milagre

que siga de pé!

 

-A palabra _____________________ rima con __________________________

 

-A palabra______________________ rima con _________________________

 

-A palabra ______________________ rima con _________________________

 

-A palabra _______________________ rima con ________________________

 

-A palabra ______________________rima con__________________________

 

 

2.- Debuxa: como imaxinas o arco da vella do poema?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

3.- Le con atención o seguinte poema de Luís Pimentel:

 

 

Tac, tac, tac
cuchara de pau
cunca de madeira
o meu neno
está na lareira.

Tin, tin, tin
cuchara de prata
cunca do pazo
o meu neno
está no regazo.

Ton, ton, ton
cuchara de ouro
cunca de cristal
o meu neno
é príncipe real.

 

 

 

-Agora é o teu turno! Colle unha cunca e culleres de diferentes materiais que teñas na casa, coma na seguinte foto:

 

-Bate a culler na cunca, como no poema, e escoita o son:

  • Con que culler escoitas un son agudo (parecido ó tin tin tin do poema)?

  • Con que culler escoitas un son grave (parecido ó toc toc toc do poema)?

  • Agora a cantar! Recita o poema facendo o coas culleres facendo o tac tac tac, tin tin tin e o toc toc toc.

 

A continuación propoñémosvos un recitado de poemas para incluír no telexornal que se levará a cabo coas aportacións de cada un dos cursos.

Animámosvos a que vos gravedes cun móbil, tablet ou cámara recitando o poema de Luís Pimentel e o enviedes ó correo do voso titor ou titora.

 

 

4.- Le con atención ó seguinte fragmento dun poema de Rosalía de Castro:

Co son da gaitiña

co son da pandeira,

che pido que cantes,

rapaza morena.

-É o noso turno de crear! Inventa unha pequena cantiga.

 

______________________________________________

______________________________________________

______________________________________________

______________________________________________

 

*Se non se che ocorre ningunha podes usar estas palabras secretas: flores, amores, festa, bolboreta.

 



page | by Dr. Radut