Skip to Content

TAREFAS SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

SAÚDOS NENOS, NENAS E FAMILIAS

ALÉGROME MOITO DE QUE XA PODADES SAÍR UN RATIÑO Á RÚA. FOSTES UNS GRANDÍSIMOS CAMPIÓNS.

VISITADE NA WEB DO COLE A PÁXINA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN QUE VOS AXUDARÁ A FACELO BEN.

Aquí vos deixo a tarefa semanal.

 

 

1.    

LE E CONTESTA

Como ter tomates todo o ano

O tomate é un alimento moi rico e nutritivo; o malo é que cando está maduro, non dura moito.

Ata hai pouco tempo só se podían comer tomates frescos uns meses ao ano, pois as tomateiras necesitan que vaia calor para medrar e dar froitos. Polo tanto, nos meses de inverno e da primavera non se podían comer tomates frescos.

Hoxe en día as tomateiras cultívanse en invernadoiros, unhas costrucións con paredes de plástico transparente, que deixan pasar o sol pero que impiden que saia a calor. Así, os tomates medran todo o ano, sempre que teñan auga e terra fértil.

Os invernadoiros permiten controlar  moi ben a temperatura e a humidade. Por esta razón, nos invernadoiros os tomates desenvólvense moi ben e a produción das plantas é moi grande.

 

 

 

o  

Que problema ten o tomate como alimento?

…………………………………………………………………………………………………….

o  

Por qué hai anos non se podían comer tomates durante todo o ano?

…………………………………………………………………………………………………….

o  

De que están construidas as paredes dos invernadoiros? Por que?

…………………………………………………………………………………………………….

 

   2.  

REVISA O TEXTO. Tes queatopar nel dúas palabras agudas (sílaba tónica no último lugar), dúas llanas ( penúltimo lugar) e dúas esdrúxulas (antepenúltimo lugar). Ahora escribe una oración diferente en galego con cada una desas palabras.

 

 

  

 3     BUSCA  no diccionario a palabra “fotosíntese”. Logo de anotar o seu significado, explica coas túas palabras como relacionarías eso coa tomateira.

   4.  

INVESTIGA. Busca información sobre o tomate. Cal é a súa orixe, que propiedades ten, anota nomes de diferentes variedades de tomates.

 

 

5.    

CALCULA. Para construir un invernadoiro fan falta 2 pezas grandes de plástico e 8 pezas medianas. Si cada peza grande costa 35,24€ e cada peza mediana costa 26,37 €, canto costan todas as pezas xuntas?

Ademáis hai que mercar 8 tablas de madeira de 12 € cada una e 50 tornillos de 1,24 €.

O precio de todo o material xunto van a pagalo a medias entre dous irmáns. Canto terá que gastar cada un?

 

6.     

DISEÑA o teu propio invernadoiro. Utiliza pezas rectangulares, triangulares e cuadrangulares  e debúxao utilizando unha regra. Despois escribe unha lista de plantas que poderías cultivar nel.

 

7.     

CULTIVA a túa propia planta. 1º Colle un vaso de iogur e lávao. 2º Pon na base algodón empapado en auga. 3º coloca unha faba ou lentellas enriba do algodón.4º Colocao nun lugar luminoso. 5º Non esquezas botarlle un pouco de auga cando vexas que o algodón se seca e observa cada día a evolución da planta. Anota nun papel os cambios que vaias observando coa data correspondente.

 

8.     

CALENDARIO ABRIL-CARTA. Remata o calendario.Conta cantos días  quedan para rematar o mes de abril. Cando sexa o último día, escribe unha carta a un compañeiro ou compañeira da clase con esa data. Pódelo facer en galego ou castelán. Cóntalle todas as cousas que fixeches neste tempo e como te sentiches. Non esquezas poñer: lugar e data, saúdo, texto, despedida e sinatura.

 

9.    

LE un ratiño cada día.

 

(Nota: Non fagas todo a lapis. Utiliza o bolígrafo para algunha das actividades, a que queiras.)

 

 UN BICO

 

 



page | by Dr. Radut