Skip to Content

TAREFA SEMANAL DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

TAREFA SEMANAL DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

 

1-Expresar cales son os sitios favoritos da túa cidade. Fai unha lista. Tamén podes preguntar a túa familia.

2-Facer unha táboa de comidas saudables. Preparar una comida empregando alimentos bos para a saúde. E realizar un gráfico cos alimentos máis empregados no fogar.

 

3-Inventar ou escribir unha pequena historia con as palabras: virus, casa, calle

4-Realizar un experimento sinxelo relacionado cos cambios de estado: sólido, líquido, gasoso e mesturas.

5-Lee o texto cunha pronunciación e un ritmo axeitados. Copia no diario. Copia e contesta ás preguntas.

Unha escola sobre a auga

Ola, somos Nara e Khim. Benvidos ao noso país, Cambodja. Sube, que te levamos á nosa casa… en barca!

A nosa aldea chámase Prektol. As casas son de madeira e están construídas sobre canas de bambú e sobre bidóns que aboian no río. As familias crían vacas e cabras e cultivan a terra nas marxes do río.

Cada mañá quedamos cos veciños para irmos xuntos á escola, que tamén está no río. Aquí, ata os máis pequechos saben remar.

Xa está! Todos os nenos e nenas amarramos as barcas. Axiña, que comeza a clase!

Na escola aprendemos matemáticas, ciencias  e a nosa lingua, o cambodjano. Para contestar unha pregunta na clase, temos que erguer os dous brazos.

Para volver para a casa tamén navegamos polo río e ás veces vemos pasar crocodilos.

Sabes como se di adeus en cambodjano?

Xum rieb lie.

·       Busca os nomes propios na lectura e completa.

Este texto conta como é a vida dee               , dous rapaces que viven nunha aldea chamada          e que está construída sobre un río, nun país que se chama                    .

 

·       Escribe V se é verdadeiro e F se é falso.

-Rektol é unha aldea de casas de pedra. As casas de Prektol aboianna auga do río.

-Os rapaces e as rapazas da aldea van á escola a pé___

-As familias de Prektol cultivan a terra e crían animais. ______

-Nas escolas de Cambodja estúdase o galego._____

-Todos os nenos e nenas de Prektol saben remar.____

-No río de Prektol hai crocodilos._____

·       Pensa e razoa. Se ti non sabes cambodjano e Nara e Khim non saben galego, como poderiades comunicarvos?

 

6-Debuxa unha táboa e clasifica os meses do ano segundo o número de días. ( de 28 ou 29, de 30 e de 31)

 

-Se unha película dura dúas horas e cuarto ¿Cantos minutos dura?

 

-Unha pizza tardou en cociñarse 20 minutos. Se Carlos sacouna do forno ás seis e media . A que hora a meteu?

 

 

7-Debuxa un animal vertebrado e outro invertebrado e pon as súas partes.

 

 

 



page | by Dr. Radut