Skip to Content

Semana do 16 ó 18 de marzo - Deseñamos un PLANO das nosas casas

TAREFA 2

Esta semana (16, 17 e 18 de marzo) terás que facer un plano da túa casa. Tes que utilizar medidas reais:

 

1. Colle un metro e mide cada espazo da túa casa. Fai un bosquexo para ir apuntando todas as medidas.

 

2. As medidas serán reais, pero non as poderías trasladar a un papel manexable, por iso temos que utilizar unha escala: 1 metro na túa casa serán 2 centímetros no plano. Por exemplo: se a túa habitación mide 2 metros de ancho, no plano ocupará 4 cm de ancho.

 

3. Utiliza a regra e mide varias veces para asegurar.

 

4. Lembra colocar elementos como as portas, as ventás, as camas, os armarios, a cociña e todas as pezas do baño.

 

Na volta ó cole faremos unha exposición dos planos de todas as vosas casas. Estamos desexando velas!

 

*Non esquezades consultar as páxinas dos especialistas (artística, inglés...) xa que eles tamén colocarán traballo para estas semanas.

*Moito ánimo estes días, cumplindo o noso traballo de quedar na casa sairemos desta! :)

 

 



page | by Dr. Radut