Skip to Content

TAREFA SEMANAL PARA 3º PRIMARIA

TAREFA SEMANA DO 16 Ao 18 DE MARZO PARA 3º DE PRIMARIA.

DIARIO DA AULA ARCOÍRIS.

Ola a todos/ as: Esta semana xa que imos estar na casa, ides realizar de maneira individual e en familia as seguintes tarefas:

-O primeiro imos construír coa nosa familia un diario. Ten que ser persoal.

Crearemos unha portada e contraportada e dentro irán os folios. Adornarémola ao noso gusto, personalizándoo co noso nome, o curso e o nome da aula. Cando volvamos a clase levaremos connosco o noso diario.

-Cando o teñamos feito, teremos que escribir todos os días nel. Poñeremos a data na cabeceira e no lado esquerdo debuxaremos dous reloxos, un dixital poñendo a hora e o outro analóxico (os do círculo de sempre)

-Apuntaremos todo aquilo que nos ocorra durante o día e os nosos pensamentos, se queremos. Distribuiremos o día nas horas que lle dedicaremos a cada actividade, por exemplo: almorzo, xogar coa familia, comida, ratiño de tarefas escolares, momento de lectura e charla coa familia…Todo quedará reflectido.

-NON vale facelo todo o mesmo día xa que é unha tarefa que se deberá facer de maneira diaria para que funcione.

-Ao mesmo tempo, aquí, poñereivos algunhas actividades específicas que debedes de realizar e apuntar no mesmo diario.

-Podemos adornar o noso diario ao noso gusto e mesmo cada día podemos adornalo tamén, pero sempre poñendo a data diaria e as horas das actividades realizadas.

TAREFAS PARA ESTA SEMANA:

-Construír o noso diario, a modo de libriño, coa familia utilizando os medios que temos ao noso alcance.

-Personalizamos o noso diario na portada e cada día, coas nosas anotacións, actividades, gráficos e debuxos.

-Poñemos todos os días a data e as horas, de forma que debuxaremos os dous tipos de reloxos, e poñeremos a hora analóxica e dixital, para cada unha das actividades.

-Planificamos dentro da nosa actividade diaria un momento para a lectura e as actividades das nosas tarefas.

-Na primeira páxina podemos escribir os tres SUPERPODERES que cremos que temos.

-Adornamos outra páxina poñendo a data na que estreamos diario. (a data poñémola das dúas formas que sabemos)

-Nunha parte do noso diario repasaremos coa nosa familia a táboa de cada número e escribirémola poñendo a que repasamos hoxe, con quen e que tal me saíu. Podemos acompañalo cunhas contas dese mesmo número.

-Incluiremos todos os días unha lectura de maneira individual ou coa nosa familia mediante o club de lectura en familia e escribiremos no diario un pequeno resumo da lectura diaria, o seu título, con quen a lea e a vosa valoración.

-Xa que todos estes días estamos a falar de cidades, pobos, localidades. Tentaremos localizar nun mapa esas cidades e escribir no noso diario onde están.

P.D)Os que podades difundide esta información a outros compañeiros/as.

Un saúdo e bicos virtuais:

A titora.



page | by Dr. Radut