Skip to Content

ESPECIAL GALEGO

 

O   RAP   DAS   NORMAS

1- No colexio Illas Cíes
aprendemos moitas formas
que nós recopilamos
no rap das normas. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

2- Tivemos  que aprendelas
de memoria
e agora os de quinto
sabémolas de sobra. ( bis )

Illas Cíes sí, sí.

3- Se as queres aprender,
pon atención chiquillo!
e repite con todos nós
o noso estribillo. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

4- Xa pola mañá moi cedo
debes de pensar
que para vir a este cole
tes que ser moi puntual. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

5- Ó levantarte da cama
tes que estar un brinco
porque hai que estar no cole
ás nove menos cinco. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

6- Unha vez que estás no cole
e o timbre oes soar
sen prisas pero sen pausa
na túa fila tes que estar. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

7- Cando está todo tranquilo
e ó colexio vas entrar
a mestres e compañeiros
debes saudar. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

8- Podes saudar en galego
castelán ou inglés
e con iso do pluriligüismo
tamén en francés. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

9- E se a clase tranquiliño
queres chegar
ó subir as escaleiras
non debes empurrar. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

10- E cando chegues á clase
vai directo ó teu asiento
non te poñas a falar
porque non é o momento. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

11- O turno de palabra
respectaremos
porque senón
non nos entenderemos. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. (bis )

12- Ó que che explican os profes
debes estar moi atento
porque senón non te enteras,
non perdas o tempo. (bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

13- Os libros e material
coidaos moito rapaciño
porque custan moitos cartos,
trátaos con cariño. (bis ) 

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

14- Chega a hora do recreo
chega a nosa diversión
non esquezas que se chove …
non se xoga co balón. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

15- Que gran patio!
que lindeza,
porque un día á semana…
comando limpeza. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

16- E se ó baño queres ir
porque che doe o pandeiro,
leva un cacho de papel
non o roio enteiro. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

17- E se ó longo do día
cometiches  imprudencias
prepárate para cubrir…
o parte de incidencias. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

18- E se sempre te portas ben
porque ti o mereces
recibirás as notas
cheiñas de eses. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

19- Presentas os traballos
limpos e ordenados?
-ssssssempre.
Coidas o material
sen estragalo?
-ssssssempre.
Respectas os dereitos
dos teus compañeiros?
-ssssssempre. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

20- E todos verán en ti
o teu bo comportamento
e alguén preguntará…
-Onde estudas meu amigo?
-No mellor cole de Vigo. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

21- Se este rap vos gustou un pouquiño
faríanos moita ilusión
que digades… outra, outra
o final de esta función. ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )

21B- Querémosvos dar as grazas
pola vosa colaboración,
pasámolo moi ben convosco,
grazas de todo corazón! ( bis )

Illas Cíes sí, sí. ( bis )



page | by Dr. Radut