TALLER "COCIÑACONCLAN". Educación para o consumo responsable
Todas as alumnas e alumnos de Primaria participaron neste taller. Poideron comprobar que fácil e divertido é cociñar. Aprenderon que para medrar sanos é moi importante facer exercicio e alimentarse de maneira sana e equilibrada:
- Debemos facer 5 comidas ao día: almorzo, media mañá, xantar, merenda e cea.
- Todos os días: 6 -8 vasos de auga, lácteos, froitas e verduras, froitos secos, cereais e aceite.
- Varias veces a semana: legumes, peixes, aves e ovos.
- Con menos frecuencia: doces, carnes vermellas e embutidos.
- Todos os días realizar actividade física.