Skip to Content

Secretaría

XORNADAS VIRTUAIS PORTAS ABERTAS 20/21

PRESENTACIÓN VIRTUAL DAS PORTAS ABERTAS

CEIP ILLAS CIES 20/21

(Prema na foto para ver o programa do centro)

 

 

VIDEO PERSOAL DOCENTE XORNADA DE PORTAS ABERTAS

CURSO 20/21 CEIP ILLAS CIES

(Para ver o vídeo prema na foto)

 

 

ADMISIÓN ALUMNADO

CALENDARIO DO PROCESO DE ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2020-2021

DEBIDO Á PANDEMIA, ESTE ANO NON HABERÁ XORNADAS DE PORTAS ABERTAS PRESENCIAL.  A partir do 15 de febreiro colgaremos información do centro nesta Web.

Se precisa calquera aclaración ou información poden enviar un email ao colexio: ceip.illas.cies@edu.xunta.gal ou chamando aos teléfonos:

- 886120111 (secretaría)

- 886120 110 (dirección).

 

PROCESOS

PRAZOS

XESTIÓN E DOCUMENTACIÓN

RESERVA CENTROS ADSCRITOS

(O alumnado que xa está no centro teñen a praza reservada)

11 XANEIRO – 8 DE FEBREIRO

ANEXO I

(Os Alumnos de 6º que vaian a acudir ao IES Alexandre Bóveda teránno que cubrir e entregar na secretaría do colexio) MODELO ED550A

PUBLICACIÓN DE POSTOS ESCOLARES VACANTES

 

ANTES 1 DE MARZO

Publicación na secretaría, web e aplicación admisionalumnado

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

A PARTIR 15 FEBREIRO

INFORMACIÓN A TRAVES DA WEB, EMAIL OU TELÉFONOS DO CENTRO

PUBLICACIÓN DE LISTAS DE ALUMNADO ADMITIDO NA RESERVA DE PRAZA PARA O IES ALEXANDRE BÓVEDA

 

DATA LÍMITE 28 FEBREIRO

Publicación na secretaría, web e aplicación admisionalumnado

 

 

SOLICITUDE DE ADMISIÓN DE NOVO ALUMNADODE PRAZA

DO 1 – 22 DE MARZO

 

PREFERIBLEMENTE APLICACIÓN admisionalumnado OU CON CITA PREVIA NA SECRETARÍA DO COLEXIO

ANEXO II ( MODELO ED550B) , fotocopia do Libro de Familia e orixinal, sentencia de separación se é o caso

PRESENTACIÓN DOCUMENTACIÓN ACREDITATIVA DE CRITERIOS DE BAREMO (se é o caso)

DO 25 MARZO A 7 DE ABRIL

Documentación acreditativa de criterios de baremo

LISTAXES PROVISIONAIS DE ADMITIDOS

 

ANTES DO 25 DE ABRIL

Publicación na secretaría, web e aplicación admisionalumnado

PERIODO DE RECLAMACIÓNS A LISTADO PROVISIONAL

3 días hábiles a partir do seguinte á publicación

Na secretaría do centro con cita previa ou por email

LISTAXES DEFINITIVAS  DE ADMITIDOS

 

ANTES DO 15 DE MAIO

Publicación na secretaría, web e aplicación admisionalumnado

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA PARA ALUMNADO ADMITIDO EN INFANTIL E PRIMARIA

 

20 – 30 DE XUÑO

ANEXO III-1 e documentación solicitada polo colexio (ENTREGA NA SECRETARÍA DO COLEXIO CON CITA PREVIA)

FORMALIZACIÓN MATRÍCULA PARA ALUMNADO DE 1º ESO

PREGUNTAR NO IES

PREGUNTAR NA SECRETARÍA DO IES

 

DÍA DA PAZ 2021

MAR DE EMOCIÓNS POLA PAZ.

Este curso escolar para conmemorar o día da Paz e non violencia creamos un mar de recordos.  Todos os alumnos/as meteron nun bote de cristal un obxecto, unha frase relacionada coas emocións que transmiten calma e alegría. Este é o produto final. Podedes ir á GALERÍA para ver máis fotos.  

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 21-22

Inicio do procedemento de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso 2021/2022

O día 11 de xaneiro de 2021 inícianse os trámites do procedemento (código ED550A), coa reserva de praza nun centro de adscrición para alumnado que cambia de etapa. Polo tanto, o alumnado de 6º de Primaria ten que reservar praza para o IES Alexandre Bóveda (centro ao que estamos adscritos)para cursar os estudos da ESO.

Prazo para solicitude: do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro de 2021. (Entregar en secretaría  o modelo ED550A con cita previa) ou mellor telemáticamente na aplicación "admisiónalumnado"

 (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado

ENLACE PARA ACCESO A MÁIS INFORMACIÓN 

 

ACHEGAMOS O MODELO A ENTREGAR CUBERTO E UN MANUAL PARA CUBRIR NA APLIACIÓN ADMISIONALUMNADO

 

NADAL 2020

Celebramos o Nadal!

Recibimos no centro a visita das SSMM os Reis Magos. Con moito agarimo gardaron as nosas cartas e tomamos chocolate quente.

Moitas grazas!

Na galería da páxina do centro agardan moitas fotos deste gran día.

PROXECTO SAÚDE EN NADAL ILLAS CIES 2020

Dentro do noso proxecto de centro para este curso. Por un Nadal Saudable

RAP DE NADAL

No colexio Illas Cies este Nadal a saúde e a hixiene imos coidar.

(Preme na foto para ver o vídeo)

Se queres cantar o Rap saudable do Illas Cies en Nadal, abaixo tes os adxuntos coa letra e a música para cantalo en familia.

NADAL 2020

PROGRAMACIÓN NADAL 2020

No centro estamos gravando o NOSO RAP DE NADAL e preparando unhas recomendacións para pasar ben estas datas de xeito saudable. Estade todas e todos atentos á nosa Web.

DENDE O CENTRO DESEXAMOS A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA UNHAS BOAS E SAUDABLES FESTAS.

Vídeos da semana da tradición oral.

A continuación deixámosvos dous vídeos coas aportacións que fixeron as familias na II Semana da tradición oral. Moitas grazas pola vosa participación. 

 

 

 

 

 

 

NOTAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE DO CURSO 20-21

PUBLICACIÓN DE NOTAS DO PRIMEIRO TRIMESTRE

As notas do 1º trimestre deste curso serán publicadas por Abalar Móbil o luns 21 de decembro ás 13.00 horas. NON SE ENTREGARÁN EN PAPEL. Para calquer incidencia poden consultar coas respectivas titoras.

Distribuir contido


by Dr. Radut