Dacordo co establecido no Decreto 8/2015, do 8 de xaneiro, polo que se desenvolve a Lei 4/2011, do 30 de xuño, de convivencia e participación da comunidade educativa en materia de convivencia escolar, constituíuse o Consello para a Convivencia Escolar da Comunidade Autónoma de Galicia e aprobouse a Estratexia Galega de Convivencia Escolar 2015-2020. No marco desta estratexia realizáronse no 2015 e no 2019 as enquisas de diagnose que permitiron identificar os puntos fortes e febles na xestión da convivencia e na resolución de conflitos nos centros educativos.
Transcorrida esta etapa é necesario elaborar unha nova estratexia de convivencia para o período 2021-2025. Neste contexto, faise necesario a realización dunha nova enquisa de diagnose de convivencia de carácter censal e que terá unha periodicidade bianual .
A recollida de datos farase mediante unha ferramenta informática en liña, de xeito automatizado e totalmente anónimo.
Nesta enquisa participaremos os diferentes sectores da comunidade Educativa.
· Profesorado.
· Alumnado de 5º e 6º
· Persoal non docente
· Familias
Datas: do 12 ao 29 de abril
Enlace: https://www.edu.xunta.gal/convfamil
Claves: serán enviadas en formato papel a cada familia o xoves día 15 de abril.
GRAZAS POLA COLABORACIÓN