Skip to Content

1º Curso

Facendo tortillas cos ovos do galiñeiro

Grazas David e María por explicarnos o que fixechedes cos 2 ovos e explicalo na aula para todos. Esta fin de semana longa seguro que imos facer  diferentes tortillas e así aprendemos a abrir os ovos, batelos, poñer unha pizca de sal..... 

Canto estamos aprendendo! E saboreando....Disfrutade moito!

AS GALIÑAS

Miguel trouxo este luns un traballo voluntario sobre as galiñas. Mirade canta información nos ofrece.

 

 

OVOS RECHEOS

Xa temos a primeira receita elaborado con ovos. Hai que comentar que na casa engadiron algún máis do que ela levou do cole.

Alba comentounos todo o proceso esta mañá na clase.Creo que algún vaise animar a fin de semana próxima a repetir esta receita.

Déixovos un PDF con todo o proceso. Disfrutade del e sobre todo quedades convidados a facer a receita. Os nenos de 1º a saben facer.

 

REMATAMOS O COIDADO DAS GALIÑAS

HOXE RECOLLIMOS O ÚLTIMO OVO DESTA SEMANA. O LUNS XA LLE TOCA O SEGUINTE CURSO O COIDADO DAS GALIÑAS.

NÓS FAREMOS ALGUNHA SAÍDA PARA VER A NOSA GALIÑA QUIQUI.

 

 

COIDANDO AS GALIÑAS

Seguimos visitando as galiñas, coidándoas e recollendo os ovos. Hoxe collimos 2 ovos. 

Xa os levaron algúns nenos e nenas da clase e mañá nos contaran que foi o que fixeron con eles. 

DE CAMIÑO AO GALIÑEIRO

 

PREPARANDO A COMIDA

 

COLLENDO OS OVOS

OS NOSOS PRIMEIROS OVOS

Hoxe estivemos no galiñeiro. Sacamos as galiñas fóra e lle demos de comer . Que divertido! Tivemos que desfacer o pan con auga e remexer moito ata que se foi desfacendo.

Pero o mellor de todo foron os dous ovos que recollimos.OS PRIMEIROS OVOS. A nosa galiña Quiqui o está pasando moi ben e come moito.

Esta semana temos que encargarnos de coidar moito as galiñas e recoller os ovos.

 

 

 

PREPARANDO A COMIDA

A NOSA GALIÑA É GRIS

Hoxe fomos por primeira vez ao galiñeiro. Entramos  e Pepe explicounos todo o que había alí: bebedero, comedero, un lugar para poñer os ovos, para durmir as galiñas....

O mellor foi que nós temos unha galiña e a metimos dentro. Ao chegar a clase lle buscamos un nome QUIQUI.

Agora temos que coidalas moi ben para que den ovos e seguro, seguro que máis adiante teremos poliños.

ENTRANDO NO GALIÑEIRO

A NOSA GALIÑA GRIS: QUIQUI

 

QUE BEN O PASAMOS!

 

QUE HAI DETRÁS DA NOSA HORTA?

Hoxe 24 de setembro estivemos na horta do colexio recordando o que plantamos o curso anterior e tamén observamos que ao fondo estaba o conserxe arranxando e preparando algo. Que será?

Estivemos pensando  varias posibilidades e agora só nos queda agardar a ver que ocorre esta semana. Estamos moi ilusionados e ilusionadas xa que cremos que ten que ver con galiñas.....

 

 

BENVIDOS E BENVIDAS AO NOVO CURSO

Xa levamos varios días de curso e chega o momento de empezar a nosa andaina na páxina web do cole. Somos os nenos e nenas de 1º e agardamos neste curso aprender moitas  cousas e sobre todo disfrutar do día a día con moita alegría e ilusión.

  

 

E, para rematar o curso...¡A xogar! Feliz verán a tod@s.

Distribuir contido


by Dr. Radut