Skip to Content

Histórico de actividades

histórico de actividades realizadas en el centro

ASÍ TRABALLAMOS

Estades traballando moi ben.

Estas son algunhas das vosas tarefas.

 

Leo

 

 

Catalina

 

 

Lelena

 

Adriana

 

Carla

 

 

Daniel

 

Roxel

 

 

Noa

 

Xin Chen

 

Paulo

 

 

 

María

 

Enea

 

Pablo

 

Irene

 

Mónica

 

 

Kevin

 

Romina

 

VÍDEOS LETRAS GALEGAS

Parabéns polos vídeos!

Grazas pola colaboración!

https://www.youtube.com/watch?v=2y7DOwy41eM 

 https://www.youtube.com/watch?v=m6dSQhB4l0U

TAREFAS PARA A SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

SAÚDOS NENOS-AS E FAMILIAS

UNHA SEMANA MÁIS, SEGUIMOS TRABALLANDO

MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN NOS VÍDEOS. pARABÉNS POLOS RESULTADOS

 

TAREFAS SEMANA DO 18 AO 22 DE MAIO

 

1.   

LE:

 

2.CONTESTA::

 - Que significa que os ríos españois teñen un caudal irregular?

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

-Por que os ríos españois non son navegables?

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………..

-Con que finalidade se construiron algunhas canles en España?

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

-Por que o curso baixo será máis navegable?

……………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………

-Explica os tres cursos dos ríos.

…………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………………….......................................

 

3 .BUSCA  información sobre o río Miño. Onde nace, por onde pasa, onde desemboca, como é o seu caudal, afluentes, ten algún encoro?

4 .DEBUXA o  percorrido do Miño nun mapa de Galicia sinalando as provincias polas que pasa.

5. REVISA O TEXTO

-Anota os nomes propios que atopes.

-Anota tres substantivos comúns que estén en plural. Despois, escríbeos en singular.

-Anota tres verbos que estén en infinitivo (Xa sabes que o infinitivo é como o nome dun verbo).

-Busca unha oración interrogativa no texto e copiaa. Despois transfórmaa en   enunciativa, exclamativa e desiderativa.

5. CALCULA

-Un barco transporta 3.550 kg de trigo pola canle de Castela. Cada caixa ten 25 kg. Cantas caixas leva o barco?

-Ao chegar ao porto de Santander, hai que descargar as caixas. Tardan 1 h e tres cuartos en facelo. Cantos minutos tardan? ( 1 hora = 60 minutos). E cantos segundos tardan? (1 minuto= 60 segundos)

-Debuxa dous reloxios analóxicos. O primeiro coa hora na que empezaron a descargar: as 18.00 h ; e o segundo coa hora na que remataron.

-Esa trigo chega en mal estado e hai que tirar a metade. Cantos kg quedan?

-Calcula cantos cartos perderon ao tirar a metade do trigo si cada kg comprárono a 1, 25 € e o venden a 2,15€.

 

6. Aventura no río Nilo. CONTA unha historia que aconteceu nunha navegación por este río. Primeiro averigua onde está.

Podes escribila en galego ou en castelán (ollo , non vale mesturar os dous). Acompaña o teu relato cun debuxo ben coloreado.

 

7. XOGA . Coloca os teus barcos e busca parella na túa familia para xogar.

 

8. MIRA o vídeo “ EL NILO, RÍO SUPREMO/ GRANDES DOCUMENTALES- YOUTUBE”

https://www.youtube.com/watch?v=l56IO5n1h3s

Anota todos os animáis vertebrados que aparecen no vídeo clasificados: mamíferos, aves, réptiles, anfibios e peixes.

 

ASÍ TRABALLAMOS

TAREFAS PARA A SEMANA DO 11 AO 15 DE MAIO

SAÚDOS NENOS-AS E FAMILIAS

ESTA SEMANA ADICAMOS A TAREFA ÁS LETRAS GALEGAS

SEGUIDE TRABALLANDO QUE O FACEDES CADA VEZ MELLOR

 

 

TAREFAS SEMANA 11 AO 15 DE MAIO

Adicamos este traballo á celebración do día das Letras Galegas, 17 de maio. Autor homenaxeado: Ricardo Carvalho Calero

Este ano, debido ás circunstancias, celebrarase no mes de outubro.

 

 

1 1.  

Investiga por qué se celebra o Día das Letras Galegas o 17 de maio.

http://seminariogalan.org/inicio/dia

      2. Le a biografía de Ricardo Carvalho Calero que vai no arquivo adxunto. Despois grava un vídeo lendo o apartado que che tocou para facer un TELEXORNAL. Só tes que gravalo e envíalo ao correo. Antes de gravar, practica a lectura. (No adxunto están repartidos os apartados para cada neno-a).

1.    3.

Preguntoiro musical sobre Calero

 

https://www.youtube.com/watch?v=IP1x38TIZqY

 

     4. Observa esta entrada de cine, completa, localiza o cartel do filme en internet e cópiao.

 

Ø

Cal é o título da película? ………………………………………………………………………………………………

Ø

Cal é a data de proxección? …………………………………………………..

Ø

A que hora? ………………

 

Ø

En que sala? …………………………..

Ø

En que fila? ……………………………

Ø

Como se chama o cine? …………………………………………………………

Ø

En que localidade está? ………………………………………………………….

Ø

En que butaca vas ver a película? ………………………………………….

Ø

Canto pagaches pola entrada? ………………………………………………

 

 5.     Calcula:

·       

A entrada do cine custa 7,70 €. O luns, día do espectador custa 5,90€. Se vou o luns, cantos cartos aforro?

·       

Se o venres imos 4 persoas, canto pagaremos en total?

·       

E se ese venres pago con dous billetes de 20 €, canto me devolven?

1.          6.

O euro, a libra,o ien e o dólar, teñen un símbolo. Localízao e debúxao ao lado de cada un.

 

 

 8.     Debuxa una paisaxe costeira.

 

2.  9.   

En Galicia hai moitos xogos tradicionais aos que xogaban os nosos país e avós. Localiza seis deses xogos na sopa de letras.

 

 

 

1.10.    

Envía as observacións que tes apuntadas do crecemento das lentellas ou fabas que plantaches.

  

 

ASÍ TRABALLAMOS

PARABÉNS POLAS ACTIVIDADES DO DÍA DE EUROPA!

 

TAREFAS PARA A SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

SAÚDOS NENOS, NENAS E FAMILIAS

Seguimos traballando. Esta semana adicamos a tarefa ao Día de Europa, 9 de maio.

Aquí vos deixo as tarefas.

 

TAREFA SEMANA DO 4 AO 8 DE MAIO

As tarefas desta semana xiran en torno a Europa xa que o día 9 de maio celébrase o DÍA DE EUROPA.

 

1.    

Video:  “Creación de la Unión Europea.

https://view.genial.ly/5ea2936f6489ab0dc222dec3/video-presentation-u-e

2.     

Teatro de marionetas.  “A viaxe de Cuadrito por Europa.”

           https://youtu.be/rJGq-FscgRg

           MIRA os vídeos e aprenderás moitas cousas deste tema.

 

3.    

LE a lenda: El rapto de Europa. Mitoloxía grega contada aos nenos. Está no arquivo adxunto.

Despois fai un breve resumo, conta ti esta lenda coas túas palabras. Completa o relato cun debuxo ben coloreado. Podes facelo en galego ou en castelán.

 

4 .ELABORA  un cartel, tipo póster, anunciando o día de Europa. Imaxina que vai a estar colgado polas rúas, ten que chamar a atención para que a xente se deteña a miralo.

 

5.    

ELIXEun país da UE e completa a ficha que vai no adxunto.

 

6.    

COLOREA bandeiras Europeas neste enlace.

https://op.europa.eu/en/publication-detail/-/publication/9114674b-829b-4c44-ab05-6b2310e7b396

 

7.    

DEBUXA ti a bandeira de Europa.

 

8.    

XOGA. Puzle e xogo lugares de interés:

https://europa.eu/learning-corner/eu-puzzle_es

 

https://europa.eu/learning-corner/match-the-landmarks_es

 

9.    

MOEDAS E BILLETES €. Fainos nun cartel

 

10.          

BUSCA Europa no mapamundi. Google maps. Lembra o nome dos continentes nun mapamundi/ Busca Europa/ Busca os continentes na internet/ pinta con distintas cores os continentes.

 

ASÍ TRABALLAMOS

ASÍ TRABALLAMOS

TAREFAS SEMANA DO 27 AO 30 DE ABRIL

SAÚDOS NENOS, NENAS E FAMILIAS

ALÉGROME MOITO DE QUE XA PODADES SAÍR UN RATIÑO Á RÚA. FOSTES UNS GRANDÍSIMOS CAMPIÓNS.

VISITADE NA WEB DO COLE A PÁXINA DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN QUE VOS AXUDARÁ A FACELO BEN.

Aquí vos deixo a tarefa semanal.

 

 

1.    

LE E CONTESTA

Como ter tomates todo o ano

O tomate é un alimento moi rico e nutritivo; o malo é que cando está maduro, non dura moito.

Ata hai pouco tempo só se podían comer tomates frescos uns meses ao ano, pois as tomateiras necesitan que vaia calor para medrar e dar froitos. Polo tanto, nos meses de inverno e da primavera non se podían comer tomates frescos.

Hoxe en día as tomateiras cultívanse en invernadoiros, unhas costrucións con paredes de plástico transparente, que deixan pasar o sol pero que impiden que saia a calor. Así, os tomates medran todo o ano, sempre que teñan auga e terra fértil.

Os invernadoiros permiten controlar  moi ben a temperatura e a humidade. Por esta razón, nos invernadoiros os tomates desenvólvense moi ben e a produción das plantas é moi grande.

 

 

 

o  

Que problema ten o tomate como alimento?

…………………………………………………………………………………………………….

o  

Por qué hai anos non se podían comer tomates durante todo o ano?

…………………………………………………………………………………………………….

o  

De que están construidas as paredes dos invernadoiros? Por que?

…………………………………………………………………………………………………….

 

   2.  

REVISA O TEXTO. Tes queatopar nel dúas palabras agudas (sílaba tónica no último lugar), dúas llanas ( penúltimo lugar) e dúas esdrúxulas (antepenúltimo lugar). Ahora escribe una oración diferente en galego con cada una desas palabras.

 

 

  

 3     BUSCA  no diccionario a palabra “fotosíntese”. Logo de anotar o seu significado, explica coas túas palabras como relacionarías eso coa tomateira.

   4.  

INVESTIGA. Busca información sobre o tomate. Cal é a súa orixe, que propiedades ten, anota nomes de diferentes variedades de tomates.

 

 

5.    

CALCULA. Para construir un invernadoiro fan falta 2 pezas grandes de plástico e 8 pezas medianas. Si cada peza grande costa 35,24€ e cada peza mediana costa 26,37 €, canto costan todas as pezas xuntas?

Ademáis hai que mercar 8 tablas de madeira de 12 € cada una e 50 tornillos de 1,24 €.

O precio de todo o material xunto van a pagalo a medias entre dous irmáns. Canto terá que gastar cada un?

 

6.     

DISEÑA o teu propio invernadoiro. Utiliza pezas rectangulares, triangulares e cuadrangulares  e debúxao utilizando unha regra. Despois escribe unha lista de plantas que poderías cultivar nel.

 

7.     

CULTIVA a túa propia planta. 1º Colle un vaso de iogur e lávao. 2º Pon na base algodón empapado en auga. 3º coloca unha faba ou lentellas enriba do algodón.4º Colocao nun lugar luminoso. 5º Non esquezas botarlle un pouco de auga cando vexas que o algodón se seca e observa cada día a evolución da planta. Anota nun papel os cambios que vaias observando coa data correspondente.

 

8.     

CALENDARIO ABRIL-CARTA. Remata o calendario.Conta cantos días  quedan para rematar o mes de abril. Cando sexa o último día, escribe unha carta a un compañeiro ou compañeira da clase con esa data. Pódelo facer en galego ou castelán. Cóntalle todas as cousas que fixeches neste tempo e como te sentiches. Non esquezas poñer: lugar e data, saúdo, texto, despedida e sinatura.

 

9.    

LE un ratiño cada día.

 

(Nota: Non fagas todo a lapis. Utiliza o bolígrafo para algunha das actividades, a que queiras.)

 

 UN BICO

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut