Skip to Content

Secretaría

3 DE DECEMBRO DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

3 DE DECEMBRO DIA INTERNACIONAL DAS PERSOAS

CON

DISCAPACIDADE

 

 

Proclamado pola ONU en 1992 o 3 de decembro

conmemoramos o día internacional das persoas con

discapacidade.

O obxectivo e promover os dereitos das persoas con

discapacidade na sociedade.

Nestes adxuntos atoparedes todo tipo de información e

recursos: películas, curtametraxes e lecturas apropiadas a

cada idade.

 

 

25 DE NOVEMBRO "DIA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO" curso 2021/22

 

O 25 de novembro conmemoramos o día internacional contra a violencia de xénero no Illas Cíes.

Esta conmemoración está dentro do noso proxecto de centro.

“ Pasiños contra a violencia de xénero”

Nas clases preparamos uns zapatos de cor morada camiñando cara á non violencia e percorrendo todo o colexio.

 

O mural xeral de todo o centro.

Conforman o mural da entrada zapatos adornados polos alumnos/ as e as súas familias.

 

 

 

 

DIA UNIVERSAL DA INFANCIA

SEMANA DA CIENCIA NO ILLAS CIES 2021

Esta semana do 15 ao 19 de novembro no CEIP Illas Cies celebramos a semana da ciencia. Cada aula realizará un experimento á súa elección. Logo con todo o que descubramos faremos un libro con foto e explicación de cada experimento.

As fotos estarán dispoñibles no espazo correspondente a cada curso.

 

MÁSCARAS 21-22

PROCEDEMENTO SEDE XUNTA

NO DOCUMENTO QUE SE ACHEGA PODE DESCARGAR OS ANEXOS I e II DA SOLICITUDE

CELEBRACIÓN DO SAMAÍN

 

CELEBRAMOS O SAMAÍN A ÚLTIMA SEMANA DE OUTUBRO CON DIVERSAS ACTVIDADES E OBRADOIROS

-         -  

DECORACIÓN DO CENTRO COA COLABORACIÓN DA ANPA, FAMILIAS E TRABALLOS DO ALUMNADO.

-          - 

OBRADOIRO DE LUZ NEGRA PARA TODAS AS TITORÍAS. ALÍ ADEMAIS DE MEO PUIDEMOS EXPRESAR MOITAS EMOCIÓNS.

-          - 

TRABALLAMOS O CONTO DA BRUXA REGAÑADENTES QUE NOS VISITOU O MÉRCORES DÍA 27 PARA INAUGURAR A NOSA BIBLIOTECA DOS MIL MUNDOS. PUIDEMOS FALAR CON ELA E TAMÉN VIMOS UNHA EXPOSICIÓN DE ADQUISICIÓN DE NOVOS LIBROS SOBRE O MEDO.

 

 

PREME NOS TÍTULOS PARA VER VÍDEOS

 

 

APADRIÑA UNHA PITIÑA

ECLOSIONAN OS PRIMEIROS OVOS NO CEIP ILLAS CÍES

AS NOSAS GALIÑAS CADA DÍA SORPRÉNDENNOS COS SEUS OVOS, PERO MÁIS ABRAIADOS ESTAMOS COA ECLOSIÓN DOS PRIMEIROS OVOS QUE TEMOS NA INCUBADORA, HOXE PUIDEMOS DELEITARNOS COA PRESENZA DOS PRIMEIROS CATRO PITIÑOS. O ALUMNADO DE INFANTIL LEVA 21 DÍAS COIDANDO, VIXIANDO ESA CAIXA MÁXICA QUE POR FIN NOS SORPRENDEU. OS MÁIS CATIVOS DO COLE PREPARARON UNHA NOVA CASIÑA PARA ELES, ALÍ COMEZARON A COMER E BEBER E ONDE VAN SEGUIR MEDRANDO.

 

PREME NA SEGUINTE IMAXE PARA VER O VÍDEO DO NACEMENTO DOS PITIÑOS

XA TEMOS AS PRIMEIRAS RECEITAS CON OVOS DO NOSO GALIÑEIRO

TORTILLA FRANCESA DE DAVID E MARÍA

ARROZ Á CUBANA DE NOA

ALIMENTOS NATURAIS

OS PRIMEIROS OVOS DAS NOSAS GALIÑAS

Esta semana coidan as galiñas o alumnado de 1º de Primaria.

Onte entraron no galiñeiro, e tan ben que as tratamos que hoxe sorprenderon aos nenos e nenas de 1º cos dous primeiros ovos. A pensar nunha receita para poder comelos!!!

Tamén empezaron a comer o pan que aportamos das nosas casas. O alumnado de 1º repártelles o pan.

AS TIC NO CENTRO

O ALUMNADO DE 5º EDIXGAL COMEZA A ANDAINA POLO ENTORNO VIRTUAL DE APRENDIZAXE (EVA)

ESTA SEMANA TIVERON A SÚA PRIMEIRA TOMA DE CONTACTO CO SEU PC. CONTARÁN CON EL DOUS CURSOS (5º E 6º DE PRIMARIA). TAMÉN PODERÁN LEVALOS PARA REALIZAR TAREFAS NA CASA.

Distribuir contido


by Dr. Radut