Para traballar o Entroido no noso proxecto de Galicia Máxica, este ano as diferentes aulas irán caracterizadas cos traxes típicos dalgúns dos entroidos máis tradicionais e representativos da nosa Comunidade Autónoma.
MADAMAS E GALÁNS de San Adrián de Cobres
MERDEIROS de Vigo
VOLANTES de Chantada
PANTALLAS de Xinzo de Limia
CIGARRÓNS de Verín
BOTEIROS E FOLIÓNS de Viana do Bolo
XENERAIS de Ulla
O mércores 8 tivemos a sorte de poder ver algúns destes traxes tradicionais.
O traxe de Cigarrón de Verín, as pantallas de Xinzo de Limia, os sombreiros das Madamas de Cobres e a máscara dos Merdeiros de Vigo.
Mesmo puidemos probarnos algunhas destas prendas.
Grazas!