Skip to Content

Histórico de actividades

histórico de actividades realizadas en el centro

LIBROS PARA NADAL

VISITA Á NOSA BIBLIOTECA DE 16 A 17 e descubre as novidades para o Nadal.

 

FACEMOS MARMELO

BO NADAL

TRADICIÓN ORAL. ADIVIÑAS

Estas son as adiviñas que lles dixemos os nosos compañeiros e compañeiras de 4º para celebrar na Biblioteca a semana da Tradición Oral.

Campaniña, campaneira

branca por dentro

verde por fóra

se non o adiviñas

pensa e espera

Amarelo por fóra

amarelo por dentro

e cun corazón no centro.

Auga pasa

pola miña casa

cate o meu corazón

¿que é?

     

 Verde por fóra

vermella por dentro

e con bailarinas no centro.

 O sol as madura

as mans as recollen

o pe as tritura

a boca as come.

 Ouro parece

prata non é

abre a cortiña

e verás o que é


TALLER DE FROITAS

Fixemos compota de mazá no Laboratorio. ¡Um que rica! Canso

Antes de empezar

lavámonos as mans.

1º Pelamos as mazás.
2º Cortamos as mazás

 en anaquiños pequenos.

3º Puxemos un pouco de auga

no cazo a ferver.

4º Cando empezou a ferver a auga,

botámoslle as mazás.

 5º Engadimos 4 culleradas de azucre

e revolvimos.

6º Deixamos que fervera a fogo lento

ata que estaba brandiña.

7º Untamos a compota en tostadas

e probamos.

¡ESTABA RIQUÍÍÍSIMA!Canso

DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES. Encontro con Marisé

 

Marisé veu a lernos un anaco do libro “Palabras de Caramelo” o día das Bibliotecas Escolares.

Logo cada un escribimos que nos pareceu esta actividade.
Gustoume o encontro con Marisé porque…
• Aprendín cousas que non sabía sobre os libros.
• Dixo que lendo podiamos imaxinar.
• O libro que nos leu era bonito.
• Era simpática...

Aprendín que…
• Detrás da portada pon os datos do libro: o ano en que foi feito, a editorial, como foi feito…
• Os libros teñen un número, o ISBN, que nos di de que país é e moitas cousas máis.
• Os libros poden traducirse a outros idiomas.
• Existe unha biblioteca en EEUU que gardan 3 copias de cada libro que se publica.
• Que era unha haima

Tamén INVENTAMOS un PRINCIPIO DO CONTO...

Había unha vez un neno chamado Kori que vivía no deserto. Vivía cos seus pais e os seus avós.
Kori non podía falar nin tampouco escribir. Falaba con xestos. Os seus pais e avós o entendían.
Un día Kori encontrou a un camelo e fíxose amigo de el. Con el pasábao xenial.
Cando empezou ir a escola, empezaron os problemas. O seus compañeiros e a mestra
 non entendían os xestos que Kori facía. El quería aprender a ler e a escribir como os demais…

 
...e un FINAL

 
Cada día a mestra lle ía ensinando máis e máis palabras. Kori aprendeu pronto a escribir e a ler.
Os seus pais e os seus amigos estaban moi contentos.

Pasado un tempo un médico descubriu cunha operación de oídos Kori podía oír. Fixéronlle a operación e Kori puido oír.
¡Que feliz sentiuse Kori cando escoitou todas as palabras de Caramelo, as palabras dos seus pais, dos seus avós e dos seus amigos.

E enviámoslle un correo electrónico agradecéndolle a visita

Ola Marisé

Os alumnos, alumnas e mestras do CEIP Illas Cíes queremos darte as grazas polo rato agradable que pasamos contigo. Enviámosche un traballo que fixemos na clase despois de estar contigo. Agora temos o libro “Palabras de Caramelo” e ímolo empezar a ler para saber como é en realidade a historia de Kori.

Biquiños de todos e todas

 


A NOSA CLASE

 

“Todos os días ao  principio da clase facemos 5 pasos:
1. Deixar os abrigos na percha.
2. Facer os encargos.
3. Poñer os deberes enriba da mesa.
4. Colocar a axenda no día que é.
5. Ler en silencio”. Alejandro

 

Cada vez estou aprendendo novas palabras que non sabía en 2º curso”. Ángel
 

Na biblioteca de clase temos libros de galego nun andel, noutro en castelá, noutro revistas, cómic e libros de casa da profe. Tamén temos xogos, xogos divertidos ao lado dos xogos está un ordenador e tamén unha radio”.  Sara

  
“Na clase hai un corcho onde poñemos os adornos que facemos, os traballos e os nomes dos que están de cumpre. Tamén está o calendario onde marcamos o día que é”. Uxia

“Neste curso a profe é moi boa, ainda que ás veces enfádase”. Icía

“Ás veces ven a profe Bea e a profe Luisa a axudarnos para facer lingua e matemáticas”.   Jonás

 

“O  meu  dia  preferido  de  clase  é o mércores  porque  podo  xogar  ao  fútbol  no  recreo  e  hai  ximnasia. Hugo

“Na miña clase facemos moitas cousas divertidas, algunhas veces imos á informática e
outras ao laboratorio”.      Bruno

 “Dende a ventá da clase vexo o monte Alba e o Galiñeiro. Cando a clase está tranquila  é como se estivéramos no ceo”. Darío

 


MAGOSTO 2011

ESPECIAL GALEGO

FROITAS O SEREO

Quedan moi poucos días, para a reapertura de  "FROITAS O SEREO" .

ABRIMOS NA SEMANA DO 12-16 DE NOVEMBRO.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut