Skip to Content

6º Curso

TAREFAS PARA ESTES DÍAS NA CASA

TAREFA 1

Ó longo de todos estos días que non vas a asistir ó colexio (o fin de semana e os festivos non), elaborarás un audiodiario en galego. Vai ser un diario especial no que contarás o teu día a día vivindo esta pandemia. Será un audiodiario, pois terás que utilizar a gravadora (por exemplo a dun móbil) para contalo.

Cada día falarás un mínimo de 1 minuto e un máximo de 2. Este traballo prolongarase tanto tempo como días que permanezas na casa. Non esquezas planificar coidadosamente o que vas dicir. Lembra que terás este recordo contigo para sempre, faino interesante e real!

A entrega destes audiodiarios será nun pendrive á volta ó cole.

*É convinte que na casa leas todos os días. Tanto os xornais como cómics, novelas... Pode participar toda a familia.

*Cada domingo publicaranse as tarefas para a semana seguinte. Ánimo e a traballar! :)

Plantilla diccionario

Aquí tedes o arquivo descargable no que aparece a plantilla para o noso diccionario galego-inuit. Lembrade que a data de entrega é o 11 de marzo.

Disfrazámonos de inuits

Creamos os nosos propios menús saudables

Estas últimas semanas estivemos traballando os números decimais. Démonos conta de que se utilizan para moitas cousas do día a día. Na clase, formamos equipos e, contando cun orzamento de 50 euros por grupo, seleccionamos o noso menú semanal saudable utilizando productos de diferentes propagandas de supermercados. Valoramos moito o traballo que pasan as nosas familias para cadrar os cartos! Houbo algún grupo adicto ó polbo que gastou de máis, pero a maior parte foi quen de axustarse ós cartos asignados. Mirade qué traballos máis chulos!

 

Día da Nena e da Muller na Ciencia

Esta semana foi o Día da Nena e da Muller na Ciencia polo que fomos ó museo Verbum a facer varios obradoiros sobre o tema. Quedamos encantados! Extraemos o ADN dun plátano, fixemos unha cromatografía de follas verdes, descubremos cómo calcular a idade dun peixe, observamos diferentes materiais cun microscopio dixital, traballamos a conductividade con unha batería e plastilina... Aprendemos un montón!

 

 

Disfrace do entroido

No entroido ímonos disfrazar de inuits. Hoxe repartimos as bolsas grises coas capuchas. Imos pegar á parte de abaixo da bolsa a capucha e as mangas con bolsas brancas facendo tiriñas para simular o pelo. Despois, decoramos o resto facendo un triángulo con pegatinas ou ironfix. Adxunto imaxes como guía.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut