Os alumnos e alumnas de 3º e 4º tivemos a sorte de entrevistar a Marco.
Marco estudou no noso cole hai 50 anos. Contounos moitas cousas, pero as que máis graza nos fixo foi o de que:
No recreo os nenos e as nenas xoganban xuntos, pero estaban en clases diferentes. O patio non estaba pechado e cando xogaban ó fútbol lles escapaba o balón polos campos dos veciños.
Cerca da portería había unha vaca pastando e cando tiraban a gol, se o balón tropezaba na vaca sempre había disputa: era gol ou valía a parada da vaca?.
Un día aterrizou unha avioneta nun campo que estaba un pouco lonxe do cole e os nenos e nenas, desobedecendo os profes marcharon campo a través para ver a avioneta. Os profes non lles quedou máis remedio que seguir os alumnos e alumnas, e contemplaron todos xuntos a avioneta.