Skip to Content

Histórico de actividades

histórico de actividades realizadas en el centro

TAREFA SEMANAL DO 14 ao 17 de abril

 

1-Contar no diario que fixemos en semana santa. Un pequeno resumo das actividades que máis nos gustaron.

2-Engadir unha foto ou un debuxo sobre algún dos postres que realizamos estes días (ou en días atrás)

3-Pensar e apuntar, en galego, as accións que os seres humanos realizan influíndo no cambio climático.

4-Escribir en galego sobre a importancia de non consumir azucres engadidos.

5-Preguntarlle a todos os familiares ou persoas que tes ao redor e facer un gráfico de barras sobre as súas comidas favoritas.

6-Crear e resolver un problema matemático empregando o dobre , metade ou tripla.

7-Seguimos co club de lectura familiar apuntando o libro lido esta semana ou os capítulos e facendo un resumo e valoración.

8-Facer un debuxo sobre o teu lugar favorito no mundo.

 

TAREFA SEMANAL DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

TAREFA SEMANAL DO 30 DE MARZO AO 3 DE ABRIL

 

1-Expresar cales son os sitios favoritos da túa cidade. Fai unha lista. Tamén podes preguntar a túa familia.

2-Facer unha táboa de comidas saudables. Preparar una comida empregando alimentos bos para a saúde. E realizar un gráfico cos alimentos máis empregados no fogar.

 

3-Inventar ou escribir unha pequena historia con as palabras: virus, casa, calle

4-Realizar un experimento sinxelo relacionado cos cambios de estado: sólido, líquido, gasoso e mesturas.

5-Lee o texto cunha pronunciación e un ritmo axeitados. Copia no diario. Copia e contesta ás preguntas.

Unha escola sobre a auga

Ola, somos Nara e Khim. Benvidos ao noso país, Cambodja. Sube, que te levamos á nosa casa… en barca!

A nosa aldea chámase Prektol. As casas son de madeira e están construídas sobre canas de bambú e sobre bidóns que aboian no río. As familias crían vacas e cabras e cultivan a terra nas marxes do río.

Cada mañá quedamos cos veciños para irmos xuntos á escola, que tamén está no río. Aquí, ata os máis pequechos saben remar.

Xa está! Todos os nenos e nenas amarramos as barcas. Axiña, que comeza a clase!

Na escola aprendemos matemáticas, ciencias  e a nosa lingua, o cambodjano. Para contestar unha pregunta na clase, temos que erguer os dous brazos.

Para volver para a casa tamén navegamos polo río e ás veces vemos pasar crocodilos.

Sabes como se di adeus en cambodjano?

Xum rieb lie.

·       Busca os nomes propios na lectura e completa.

Este texto conta como é a vida dee               , dous rapaces que viven nunha aldea chamada          e que está construída sobre un río, nun país que se chama                    .

 

·       Escribe V se é verdadeiro e F se é falso.

-Rektol é unha aldea de casas de pedra. As casas de Prektol aboianna auga do río.

-Os rapaces e as rapazas da aldea van á escola a pé___

-As familias de Prektol cultivan a terra e crían animais. ______

-Nas escolas de Cambodja estúdase o galego._____

-Todos os nenos e nenas de Prektol saben remar.____

-No río de Prektol hai crocodilos._____

·       Pensa e razoa. Se ti non sabes cambodjano e Nara e Khim non saben galego, como poderiades comunicarvos?

 

6-Debuxa unha táboa e clasifica os meses do ano segundo o número de días. ( de 28 ou 29, de 30 e de 31)

 

-Se unha película dura dúas horas e cuarto ¿Cantos minutos dura?

 

-Unha pizza tardou en cociñarse 20 minutos. Se Carlos sacouna do forno ás seis e media . A que hora a meteu?

 

 

7-Debuxa un animal vertebrado e outro invertebrado e pon as súas partes.

 

 

 

TAREFA SEMANAL DO 23 AO 27 DE MARZO

TAREFA SEMANAL DO 23 AO 27 DE MARZO

Ola a todos/ as.

Espero, de corazón, que todos/ as vos atopedes ben e que xuntos, coas vosas familias empezásedes co diario da aula e resúltevos divertido e á vez instrutivo, para facer sós/as ou ben, algunhas tarefas, coa vosa familia.

O meu enderezo electrónico para que poida contactar convosco e vós comigo é este:

elenarcoiris@gmail.com

 

Para esta semana propóñovos:

1-Seguir co diario de aulae as tarefas que iniciamos a semana pasada:

·       Poñer a data todos os días das dúas formas que sabemos

·       A hora na que realizamos todas as actividades diarias en reloxos dixital e analóxico.

2-Esta semana tamén vos convido a incluír nas devanditas actividades as áreas de inglés, educación física e educación artística que atopardes na web e ampliando noso propio horario. Exemplo: levantarnos , almorzo, inglés, matemáticas, artística, lingua, sociais, pausa para xogar, momento de lectura en familia...

3-Seguiremos facendo actividades de matemáticas

·       Escribir e repasar unha táboa diaria, algún irmán maior, papá ou mamá poden preguntárnolas.

·       Estimación dos alimentos e produtos necesarios para unha semana na nosa familia.

·       Anotamos os prezos dos alimentos e sumamos o gasto familiar para unha semana e o diñeiro que necesitamos (billetes e moedas). Canto gastamos.

4-A lectura de todos os díasfacendo un resumo no diario e as nosas valoracións, no club de lectura en familia e individual.

·       Incluímos esta semana unha lista de libros favoritos ou que lemos durante estes días ou vaiamos ler.

5-A primavera chegou e con ela o florecemento das plantas como estabamos a estudar en naturais. Propóñovos que se tedes algunha planta, ou algunhas en casa, lles fagades un debuxo, as coidedes e anotedes todas as súas partes.

6-Podemos, agora que temos que estar na casa, recompilar algunha receita e apuntala no diario poñendo as cantidades necesarias e un debuxo ou foto do resultado final.

7-Se temos ordenador ou tablet repasamos o que aprendemos en informática. O mundo das TIC

·       Acender computador

·       Apagar

·       Crear un cartafol co noso nome e gardala.

·       Podemos buscar información na web sobre algún libro ou tema que nos interese e gardala no noso cartafol.

·       De todo tamén o poñeremos por escrito no noso caderno de aula. Por exemplo: “hoxe tempo dedicado ao computador... e repasei e busquei...”

8-O día 28 é o día da Reconquista de Vigo. Buscaremos información sobre ese día ou lle preguntamos aos nosos pais e facemos un pequeno resumo que escribiremos no diario. Tamén podedes ver esta información sobre a festa, na rede.

https://mas.farodevigo.es/fiesta-reconquista-vigo/historia.html

 

9-Convídovos a visitar o noso blogue

 https://arcoirisprimaria.blogspot.com/

Onde podedes atopar páxinas interesantes:

https://www.mundoprimaria.com/

https://www.edu.xunta.es/xogos/

 

 

TAREFA SEMANAL PARA 3º PRIMARIA

TAREFA SEMANA DO 16 Ao 18 DE MARZO PARA 3º DE PRIMARIA.

DIARIO DA AULA ARCOÍRIS.

Ola a todos/ as: Esta semana xa que imos estar na casa, ides realizar de maneira individual e en familia as seguintes tarefas:

-O primeiro imos construír coa nosa familia un diario. Ten que ser persoal.

Crearemos unha portada e contraportada e dentro irán os folios. Adornarémola ao noso gusto, personalizándoo co noso nome, o curso e o nome da aula. Cando volvamos a clase levaremos connosco o noso diario.

-Cando o teñamos feito, teremos que escribir todos os días nel. Poñeremos a data na cabeceira e no lado esquerdo debuxaremos dous reloxos, un dixital poñendo a hora e o outro analóxico (os do círculo de sempre)

-Apuntaremos todo aquilo que nos ocorra durante o día e os nosos pensamentos, se queremos. Distribuiremos o día nas horas que lle dedicaremos a cada actividade, por exemplo: almorzo, xogar coa familia, comida, ratiño de tarefas escolares, momento de lectura e charla coa familia…Todo quedará reflectido.

-NON vale facelo todo o mesmo día xa que é unha tarefa que se deberá facer de maneira diaria para que funcione.

-Ao mesmo tempo, aquí, poñereivos algunhas actividades específicas que debedes de realizar e apuntar no mesmo diario.

-Podemos adornar o noso diario ao noso gusto e mesmo cada día podemos adornalo tamén, pero sempre poñendo a data diaria e as horas das actividades realizadas.

TAREFAS PARA ESTA SEMANA:

-Construír o noso diario, a modo de libriño, coa familia utilizando os medios que temos ao noso alcance.

-Personalizamos o noso diario na portada e cada día, coas nosas anotacións, actividades, gráficos e debuxos.

-Poñemos todos os días a data e as horas, de forma que debuxaremos os dous tipos de reloxos, e poñeremos a hora analóxica e dixital, para cada unha das actividades.

-Planificamos dentro da nosa actividade diaria un momento para a lectura e as actividades das nosas tarefas.

-Na primeira páxina podemos escribir os tres SUPERPODERES que cremos que temos.

-Adornamos outra páxina poñendo a data na que estreamos diario. (a data poñémola das dúas formas que sabemos)

-Nunha parte do noso diario repasaremos coa nosa familia a táboa de cada número e escribirémola poñendo a que repasamos hoxe, con quen e que tal me saíu. Podemos acompañalo cunhas contas dese mesmo número.

-Incluiremos todos os días unha lectura de maneira individual ou coa nosa familia mediante o club de lectura en familia e escribiremos no diario un pequeno resumo da lectura diaria, o seu título, con quen a lea e a vosa valoración.

-Xa que todos estes días estamos a falar de cidades, pobos, localidades. Tentaremos localizar nun mapa esas cidades e escribir no noso diario onde están.

P.D)Os que podades difundide esta información a outros compañeiros/as.

Un saúdo e bicos virtuais:

A titora.

Blog de 5º!! CURSO 2018-2019

No seguinte enlace http://ceipillascies.blogspot.com/ tedes acceso a imaxes e mesmo video das distintas actividades que se levan a cabo no aula.

Un saudo

OS AVENTUREIROS DO CEIP ILLAS CÍES

Para ver o noso blog de aula preme aquí

FANTASIACÍES- AULA DE LUISA

RRRECIclARTE

Realízase este proxecto no curso 2012-2013 dentro do marco do PEC.Participará todo o alumnado e profesorado do centro,facendo extensibles as actividades a toda a comunidade educativa.

¿Queres saber máis? Pincha en VER PROXECTOS

 

XOGA e APRENDE

 

Nestes enlaces xogando cos Vedoques podes practicar......

               LENGUA:    ORTOGRAFÍA  La carrera de ranas

                                                http://www.editorialyalde.com/curso/curso.html

                                           ANÁLISIS MORFOLÓGICO

                                                http://www.educa.madrid.org/binary/488/files97/flash.htm?numrecurso=4

                                         

                              MEDIO:   Geografía política de España  /    El aire y el agua

                                              Vocabulario das paisaxes

                                              Localidade e poboación

 

                             MATEMÁTICAS:   Fracciones

                                                          Táboas

                           MÁIS TÁBOAS

                                                        E MÁIS TÁB0AS

                                                          Medición

                                                          Unidades de medida

                                                          Problemas

  

          MECANOGRAFÍA ( Non esquezas colocar ben os teus dedos sobre o teclado)

           * Defiende tu castillo

 

                                      

¿Queres p r a c t i c a r coas moedas ?. ¿Serás quen de recoñecer as moedas e billetes de curso legal?.

¿Darás ordenado os precios dos obxectos de menor a maior?. ¿Atinarás a dar o cambio correcto?

Pincha na foto e...¡compróbao!

 

                                     

Ten calma, concéntrate, reflexiona, toma as decisións acertadas e ... GAÑARÁS.

  • Domina o centro cos peóns.
  • Pon atención cando movas a dama, é unha peza moi valiosa.
  • Pensa alomenos en dúas xogadas que poidas facer, antes de mover.
  • Cando lle den jaque o rei, antes de movelo, é mellor, se é posible,    

       capturar a peza que o amenaza.

NUNCA PERDES, proque xogando ao xadrez estás desenvolvendo o teu nivel 

intelectual: traballas o razonamento lóxico matemático, a atención, a memoria, 

a concentración, a toma de decisóns...

 

http://www.paisdelosjuegos.es/juego/ajedrez+a+la+antigua.html

 

 

http://es.wikihow.com/jugar-ajedrez-para-principiantes

O NOSO NADAL MÁXICO

Distribuir contido


by Dr. Radut