Skip to Content

Dinamización da lingua galega

Actividades relacionada co galego

LETRAS GALEGAS 2021

O Concello de Vigo levará a cabo ao longo do mes de maio, unha serie de actividades para público adulto e público familiar por mor da celebración das Letras Galegas, dedicadas este ano a Xela Arias.

Clica na imaxe e te levará a páxina das actividades.

ARROLOS

O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo presenta  novos recursos en liña creados no marco do proxecto "Vigo arrólate", que ten como obxectivo fomentar a transmisión do galego no ámbito familiar. Na páxina web da iniciativa atoparades unha selección de arrolos en lingua galega para que os bebés prendan no sono. Así mesmo, da man do Fiadeiro poderedes descubrir a orixe, a evolución e a temática habitual dos cantos de berce.
 

Enviamos información desta actividade do SNL. Preme neste enlace recursos e teredes toda a información,

Saúdos, A coordinadora

DÍA DE ROSALÍA 2021

24 DE FEBREIRO: DÍA DE ROSALÍA

Hoxe 24 de febreiro celebramos o Día de Rosalía de Castro no cole. Preme na imaxe para ver os traballos de todos os cursos.

Vídeos da semana da tradición oral.

A continuación deixámosvos dous vídeos coas aportacións que fixeron as familias na II Semana da tradición oral. Moitas grazas pola vosa participación. 

 

 

 

 

 

 

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

ANÍMATE A GRAVAR AS HISTORIAS QUE NOS CONTAN AS PERSOAS MAIORES

Nas aulas queremos escoitar as historias que nos contan as persoas maiores: contos, historias curiosas, refraneiros, profesións, .....Podes axudarlles ti a confeccionar os vídeos, facendo unha presentación, ou unha entrevista. ÁNIMO E ENVÍA OS VÍDEOS Á TÚA TITORA.

SEMANA DA TRADICIÓN ORAL

Estimadas familias estamos organizando a Semana da tradición oral que tanto éxito tivo na convocatoria do curso anterior. Aí tedes o cartaz e a circular informativa.

Agardamos os vosos contos, historias, lendas. 

Grazas pola vosa colaboración

O Equipo de Dinamización

 

ACTIVIDADES SNL VIGO

Envío información de dúas actividades do SNL. Na páxina https://snl.vigo.org/  tedes información sobre un curso de Lingua galega.

Saúdos, A coordinadora

 

ACTIVIDADES DO SNL DE VIGO

Estimadas familias :

A continuación tedes un enlace en PDF a unha actividade convocada polo SNL de Vigo.

Saúdos

 

Os Bolechas: Carvalho Calero

Os Bolechas tamén queren homenaxear a Carvalho Calero. Aquí tendes o libro adicado a el. Esperamos que vos guste e disfrutedes da súa lectura!

Distribuir contido


by Dr. Radut