Skip to Content

Histórico de actividades

histórico de actividades realizadas en el centro

LECTURA COLECTIVA BEN RECOMPENSADA : VISITA DE FINA CASALDERREY

 

EXCURSIÓN a CAMPOLAMEIRO

       Foi unha viaxe a Idade de Bronce, ¡que pasada!. Coñecemos como vivían, que comían, como vestían... os homes e mulleres hai 4.000 anos. Na exposición aprendemos como realizaron os petroglifos, identificamos os motivos e escenas representadas. No obradoiro de pintura pintamos coas nosas propias mans un mural representativo desta época. Visitamos a recreación dun pobado: cabanas, estructuras de almacenamento e cercados para os animais. Quedamos sombrados con algúns dos petroglifos.

       Logo fomos a comer a un parque forestal que estaba preto de alí: comemos, construimos cabañas, xogamos e xogamos...

 

 


LETRAS GALEGAS

Este é o traballiño que fixemos os de 4º para a revista escolar "MIÑOCAS 2013".


E este foi o conto que gañou o CERTAME LITERARIO VERMIÑO. ¡Felicidades, Irina!Guiño

 


 

VIDAL BOLAÑO PARA NÓS

                                        

TRABALLAMOS A LECTURA COLECTIVA

  • Comezamos a traballar a lectura colectiva co primeiro libro " O ESTANQUE DOS PARRULOS POBRES", da autora FINA CASALDERREY. Este libro trata dunha rapaza chamada Noema que queda tódolos días ó coidado do seu avó e ó que lle fai trastadas. Pareceunos un libro moi divertido e entretido. Ademáis, as trastadas que lle facía Noema ó seu avó , era un reflexo das que nós lle faciamos e facemos ós nosos avós. Gustounos moito o libro porque nos fixo ver a grande  importancia do respeto polos maiores.
  • Por outra parte , tamén lemos este libro con moito entusiasmo porque, grazas a iso, iamos a coñecer á autora FINA CASALDERREY en persoa. Estabamos moi intrigados por coñecela e moi nerviosos.
  • Para que Fina non marchara coas mans baldeiras e levara un recordo noso, fixémoslle un libro ilustrado , onde lle contamos as trastadas que nós lle faciamos ós nosos avós, igual que Noema. A este libro puxémoslle de título  "FALCATRÚAS COA VELLEZ"

 

Día do Libro

 

TEATRO: INXENUO e LISTO

No mes de abril tocounos a nosa clase preparar o día de "Especial Galego" e representamos unha obra de teatro.

 

 


 

VISITA Ó CASTRO DE VIGO

No 3º trimestre empezamos a estudar en Coñecemento do Medio a Historia e para ter un referente cercano fixemos unha saída ó monte do Castro de Vigo. Uns días antes tiñamos unhas anotacións do que iamos encontrar alí. Algúns nenos e nenas as estudaron e logo no Castro fixeron de guías.

 

 

Abre o adxunto se queres ver as anotacións do Castro.

FESTIVAL DAS LETRAS GALEGAS

 

 

 

O programa no arquivo adxunto.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut