Boa semana, familias!
Esta pasada semana traballastes moito e enviastes unhas pirámides e uns vídeos que, en xeral, estaban moi ben. Aínda quedan nenas e nenos que non enviaron nada, non vos esquezades! Prégovos que identifiquedes os arquivos que enviades cos vosos nomes.
É importante que sigades coa lectura diaria.
A partir de esta semana que entra o diario pasará a ser semanal. É dicir, os venres teredes que facer un resumo de 3 minutos no que expliquedes a vosa semana. O método de entrega será o mesmo que o do audiodiario, nos vosos pendrive á volta as clases. Se algún quere ir mandándome xa os audios, pode facelo.
Déixovos coas tres tarefas de esta semana:
TAREFA 5: Cómic Patronus
Vas crear un cómic no que expliques o momento máis feliz da túa vida. Nestes días nos que andamos un pouco tristes é necesario recordar e ter presente o que nos gusta e nos fai felices.
Como Harry Potter, Ron e Hermione invocaban os seus Patronus, ti terás que pensar nese día ou momento e facer un cómic con el.
1. PLANIFICA. É o paso máis importante. Pensa ben o que queres contar e como o farás. Escribe un borrador coa túa historia. Intenta que sexa unha historia divertida ou emotiva, unha historia que se non a fixeras ti a quererías ler igualmente. Divide os folios que necesites en viñetas e fai un primeiro bosquexo de como quedaría todo. Lembra usar bocadillos se hai diálogos (con burbullas se as personaxes pensan) e cadros nos que se explique o que vai pasando.
2. ESCRIBE e DEBUXA. Agora é o momento de trasladar a papel limpo todo o que planificaches. Podes engadir máis detalles.
3. REVISA. En moitos vídeos das receitas faltaban cousas porque non revisades. Hai que ler con coidado o traballo feito e ver se o que conto ten sentido, se se colou por aí algunha falta de ortografía... se podo mellorar a historia.
O cómic debe estar feito en galego. Recorda todo o que sentiches nese día mentres elaboras o teu cómic, intenta que quen o lea sexa capaz de sentir o mesmo.
Tedes que envialo ó correo electrónico da clase antes do vernes.
Xa sabedes Expecto Patronum!
TAREFA 6: Repaso de Xeografía e Ciencias Sociais.
O longo de toda a semana iredes xogando ós seguintes xogos para repasar (fixádevos que tedes a opción JUEGA e a opción ESTUDIA, para repasar antes de xogar):
As comunidades autónomas:
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/comunidades-autonomas-de-espaa/9f69dbbf-8dda-4403-b8e1-47d77887b7a6
As provincias:
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/provincias-de-espaa/108fb9ee-6654-465a-a9ed-e84be977a27a
Capitais de provincia:
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/capitales-de-provincias-de-espaa/be87dc2f-430c-40e6-8f47-2ba90972cd02
Ríos de España:
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/rios-de-espaa/6b90cb5d-8084-4d44-9cc6-990fe7068e38
Ríos de Europa:
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/rios-de-europa/0973d01b-60b4-403d-9954-1963fa5f8cc5
Climas de España:
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/climas-de-espaa/599b77cd-05b6-4685-a214-753edb559213
Climas de Europa:
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/climas-de-europa/06084706-7abe-4740-b511-5e0235d8fd34
Relevo de España:
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/relieve-de-espaa/b08c36e5-ed54-46e1-995f-354b59d8dd08
Relevo de Europa:
https://mapasinteractivos.didactalia.net/comunidad/mapasflashinteractivos/recurso/relieve-de-europa/a62b3ad4-afed-4e56-ad45-2c3ac42c0a81
Podedes xogar a un par deles cada día ata que os teñades dominados. Á volta ó cole faremos un concurso na pizarra dixital para poñer a proba os vosos coñecementos!
TAREFA 7: Repaso dos decimais
Deixo un ficheiro adxunto no que atoparedes exercicios sobre os números decimais. Está ó final desta publicación. Foi un tema que vos custou a moitos e tedes a oportunidade de repasalo. Facede o que podades. Ó final de semana publicarei as solucións para a corrección.
Como sabedes o próximo venres chegaranvos ás notas en ABALARMÓBIL. En xeral, felicítovos polo voso traballo ó longo deste trimestre.
Isto é todo por esta semana. Envíovos moitos ánimos neste encerro.