Skip to Content

Proxectos de traballo

proxectos de traballo que se realizan no centro ó longo do curso

CUIDADÍN Y GASTÓN - Un cuento sobre consumo responsable

Un conto para aprender aspectos tan importantes como a contaminación, a sostenibilidad e a reciclaxe. 

Cuidadín, móvese en bicicleta e compra no mercado ecolóxico. Gastón móvese en coche que contamina en exceso, ademais tira o lixo en cualquera parte. Pouco a pouco Cuidadín vai ensinando a Gastón o moito que afecta ao medio ambiente o seu comportamento...

https://www.youtube.com/watch?v=ieiNPs0dv-k

 

 

NAVEGA CON RUMBO na internet

Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), en colaboración coa Xunta de Galicia, presenta o Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo, para que vos mentalices da necesidade de facer un uso responsable de internet.

A través de internet podes buscar información para realizar os teus traballos e tamén coñecer e comunicarte cunha chea de persoas ou divertirte xogando,  pero tamén supón unha serie de riscos, como son os contidos inapropiados ou a facilidade de contacto con persoas que non son sempre o que semellan ou din ser. 

 

O Plan Navega con Rumbo polo Ciberespazo inclúe unha serie de guías dirixidas ao alumnado, ao profesorado e ás nais e pais con recomendacións e consellos necesarios para navegar con responsabilidade polo ciberespazo.

 

http://www.edu.xunta.es/navegaconrumbo/presentacion.html

ÁRBORES E CONSUMO RESPONSABLE

Os alumnos e alumnas de 3º saímos a estudar as árbores da avenida Castelao.

Recollimos follas das árbores para estudar as súas formas. Falamos de como as árbores transforman o dióxido de carbono en osíxeno cando realizan a fotosíntese, e por iso axudan a mellorar o medioambiente

Tamén vimos o panel informativo da estación metereolóxica que hai alí instalada. Informa de que nese momento o aire era limpo.

Ao chegar a clase decidimos participar tamén nos na conservación do medio ambiente.

Plantamos unhas sementes de árbores que tiñamos na aula...

E creamos estes carteis de CONSUMO RESPONSABLE

 

 

 

 -CORTAR ÁRBORES

 

 +PLANTAR ÁRBORES

 +OSÍXENO

 +SAÚDE 

 

 

 

Alfredo e Xandre

 

MURAL DE ENTRADA NO CENTRO

Cada aula aportou algún debuxo dun neno

ou nena para decorar este mural.

 

O alumnado de 5º realizou o mapa mundi

o alumnado de 6º fixo os carteis

dos continentes, mares e océanos. 

   
 

TALLER "COCIÑACONCLAN". Educación para o consumo responsable

Todas as alumnas e alumnos de Primaria participaron neste taller. Poideron comprobar que fácil e divertido é cociñar. Aprenderon que para medrar sanos é moi importante facer exercicio e alimentarse de maneira sana e equilibrada:

  • Debemos facer 5 comidas ao día: almorzo, media mañá, xantar, merenda e cea.
  • Todos os días: 6 -8 vasos de auga, lácteos, froitas e verduras, froitos secos, cereais e aceite.
  •  Varias veces a semana: legumes, peixes, aves e ovos.
  • Con menos frecuencia: doces, carnes vermellas e embutidos.
  • Todos os días realizar actividade física.

PROXECTO " CONSUM-ILLAS. CON - VIVO +"

Co este proxecto queremos potenciar no noso alumnado a educación para o consumo responsable, así como motivar un traballo activo e colaborativo de alumnado e profesorado.

Consideramos que o consumo responsable é un compoñente fundamental para axudar o noso alumnado a empregar de forma responsable os recursos dispoñibles. 

 

MEMORIA PROXECTO "50 ANOS MOVÉNDONOS"

VER ADXUNTO 

 

TODOS E TODAS APRENDIMOS QUE...

Practicar deporte e facer exercicio é algo esencial para a nosa saúde, posto que ten numerosos beneficios:

  • Fortalece os músculos e os ósos
  •  Activa a circulación do sangue e é bo para o corazón.
  • Fortalece os músculos e os ósos
  • Mellora o funcionamente dos pulmóns.
  • Axuda a adquirir unha mellor postura.
  • Axuda a manter o peso adecuado.
  • Fainos resisitentes a todo tipo de enfermidades.
  • Axuda a durmir ben.
  • Axúdanos a relacionarnos cos demais.
  • Fai que nos encontremos mellor, máis activos e máis seguros.

SUBCAMPEONAS GALEGAS DE BALONCESTO BENJAMÍN FEMENINO

Nerea Fernández de 3º curso, e  Naiara Díaz e Marta Vázquez de 4º curso de primaria xogan no equipo de baloncesto benjamín

Seis do Nadal. Chegaron ó cole todas contentas porque quedaran subcampeonas de Galicia. 

LISTOS, PREPARADOS, XA...¡ A CORRER!

E seguimos movéndonos. Gran cantidade de alumnos e alumnas do centro participaron na maratón de Coia.

O CEIP Illas Cíes proclamouse o gañador absoluto tras o cómputo global dos resultados de todas as carreiras.

 

 

Mirar con que decisión e seguridade corre Ikram Pousa Pan, alumna de 1º de Primaria do noso centro.

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut