Skip to Content

Histórico de actividades

histórico de actividades realizadas en el centro

CURSO 3º 20-21

Xa estamos en terceiro!


ULTIMAS TAREFAS do 15 ao 19 de xuño

 

TAREFA SEMANAL DO 15 ao 19 de xuño

 

Ola a todos/ as

Esta é a última tarefa por este curso. Parece incrible pero chegamos ata aquí case sen darnos conta. Ánimo que xa non queda nada, tan só esta semaniña para poder gozar dun merecido verán.

Por iso:

1-Deseña unha campaña publicitaria, nunha folla, para atraer turistas a Vigo

 

2-Debuxa un lugar do mundo onde che gustaría ir de vacacións.

3-Investiga, utilizando a internet, sobre o fenómeno meteorolóxico que dá nome á nosa aula : o arcoiris e faino, se podes, nun documento no ordenador.

 Feliz semana a todos/as!!!

 

TAREFA SEMANAL do 8 ao 12 de xuño

 

TAREFA SEMANAL DO 8 ao 12 de xuño

 

Ola a todos.

 

Unha semana máis coas nosas tarefas. Veña, un último esforzo que xa queda pouco.

 

-LINGUA GALEGA

 

Lectura e comprensión do texto. Logo contesta as preguntas

 

As cousas de Anxos

 

Chámome Anxos, pero segundo a miña avoa parece que, malia o nome, son un demo rabudo.

Teño oito anos e medio, pencas a varrer, un ordenador vello, sete bonecas, moitos contos–pero non tantos como me gustaría–, unha amiga moi amiga que se chama Xana Ourol Oliveira,un amigo –Roi Martíns– que me gusta moito, unha inimiga a morte –Einés Fariña Cu de Galiña–, unha irmá de dez anos bastante insoportable cuns pés enormes –gasta un 39!!!– e unha nai aforradora que, cando se decide a comprarnos roupa, é tres talles máis grande do que nos cómpre –«un pouco larguiña», segundo ela– e, cando nola fai poñer, a volta por dentro do pantalón chéganos aos xeonllos e os xerseis parecen camisas de durmir de la.

 Parece que nós as tres –miña nai, Big Foot e eu–, tanto se hai crise coma se non, sempre andamos xustiñas de diñeiro.

Mamá está pagando a hipoteca do piso, que aínda non sei ben, ben, o que é, pero que, segundo a sabichona de Marta, miña irmá, a dos pés enormes, custa un ollo da cara e, ademais, nunca se dá acabado.

 

Estrella Ramón Pérez.

 

Anxos e a bruxiña (adaptación)

 

-LENGUA CASTELLANA

 

-MATEMÁTICAS

 

 

TAREFA SEMANAL do 1 ao 5 de xuño

 

TAREFA SEMANAL DO 1 ao 5 de xuño

 

Ola a todos.

Xa estamos no mes de xuño e seguimos coas nosas tarefas.

Esta semana, concretamente o venres día 5, celebramos o día do Medio Ambiente para sensibilizar á poboación mundial en relación a temas ambientais e motivar ás persoas para converternos en axentes activos para protexelo e que todos en presente e nun futuro podamos gozar del.

Para iso, entre outras, vos propoñemos as seguintes actividades:

Sabedes que debido o cese das actividades polo Covid-19 disminuiu a contaminación no mundo. De feito, podedes ver na seguinte imaxe a comparativa do 2020 co ano 2019

Fixádevos. Notades a diferenza?

Aquí tedes unha imaxe de Europa coas emisións da atmósfera de Xaneiro e de Marzo. Agora tedes que responder a pregunta:

-En qué mes cres que hai menos emisións contaminantes na atmósfera?.Xustifícao.

Para coidar o planeta é moi importante reciclar. A continuación podedes ver este vídeo https://youtu.be/u-WwWuUh1jwhttps.

Cales son as tres erres do reciclaxe?.

Fai un debuxo ou explica cómo poderías reducir o uso de plásticos na túa vida diaria e intenta lévalo a práctica.

 

A última actividade consiste en que imos reciclar unha prenda de roupa. Imos a darlle outra vida coa técnica TieDye!

Busca pola casa unha camiseta branca que xa non uses e che quede pequena.Vamos reciclar a camiseta. Sabedes que a industria textil é unha das máis contaminantes do mundo?.

Neste vídeo podedes ver como teñir a vosacamiseta e así poder darlle un segundo uso reutilizándoahttps://youtu.be/TMaxTs5s8w0 e este sería o resultado animádevos.

Se non tedes tinte, podedes probar con rotuladores como se ve no seguinte enlace: https://www.youtube.com/watch?v=ATZDfYVTSuQ

Manda a túa foto para ver como saíu este experimento textil.

 

-Tarefas de Lengua Castellana

-Tarefas de Matemáticas

 

 

 

 

 

 

 

 

TAREFA SEMANAL do 25 ao 29 de maio

 

TAREFA SEMANAL DO 25 ao 29 de maio

Ola a todos/as.

Unha semana máis, esta vez terminando o mes de maio. Seguimos facendo as tarefas así de ben como ata o de agora e entregándoas cada semana.

Ánimo, que todo vai moi ben

1-LINGUA GALEGA

Lectura / Comprensión/ Expresión

-Lectura do texto / Copia o texto e responde ás preguntas.

Caracol e Mouchiño escríbense cartas

Estimado Mouchiño:

Ben sabes a gana que eu tiña de ir pasear con Bolboreta, non si? Pois escribinlle unha carta e contestoume que si. Quedamos para este sábado. Despois de ler a carta de Bolboreta, eu era o caracol máis feliz do mundo e tiña gana de berralo aos catro ventos, de dicírllelo a todos. Imaxinaba como se alegrarían por min Vaca, Cabra e Oca.

Pero non foi así. Os meus mellores amigos non se alegraron da miña alegría. Ti enténdelo, Mouchiño?

Caracol

Benquerido Caracol:

Hai momentos e momentos. Cando os amigos están moi ocupados ou preocupados por o cousas, é difícil que te escoiten. Ás veces só hai saber agardar o momento.

Que che vaia moi ben o sábado. Mouchiño

Estimado Mouchiño:

E como sabes cando é un bo momento? Caracol

Estimado Caracol:

Cando te miran aos ollos, por exemplo. Ou che sorrín.
Cando teñen as orellas ben dereitas. Cando te agardan.

Mouchiño

Eulàlia Canal

2-LENGUA CASTELLANA

3-MATEMÁTICAS

-Relaciona con el tipo de ángulo

 

TAREFA SEMANAL do 19 ao 22 de maio

 

TAREFA SEMANAL DO 19 ao 22 de maio

 

Ola a todos/as!!

 

Unha semana máis coas nosas tarefas que semana a semana ides realizando mellor.

Imos empezar por repasar o relevo e as súas formas.

 

1-O relevo costeiro

-Sinala cada unha das formas de relevo costeiro que ves aquí.

-Recorda e sinala as partes desta montaña

2-Recuerda y completa

 

3-Matemáticas

 

Sinala os tipos de líneas

-Sinala cal de estas rectas é paralela, perpendicular e secante

 

 

 

 

 

 

 

 

 

TAREFA SEMANAL do 11 ao 15 de maio

 

TAREFA SEMANAL DO 11 ao 15 de maio

 

Ola familias

 

Esta é a semana da celebración das Letras Galegas 2020 dedicadas este ano a Ricardo Carvalho Calero ferrolán de nacemento. Estudou bacharelato por libre e estudos universitarios en Santiago de Compostela. Membro do seminario de estudos galegos onde coincidiu con Castelao, Otero Pedrayo, Risco, Cuevillas...Colaborou en moitas revistas galegas: A Nosa Terra, Nós, Guión, Galiza, Resol, Universitarios, Papel de Color... e é autor de libros de investigación sobre a nosa literatura e o noso idioma. En 1965 incorporouse ao Instituto Rosalía de Castro de Santiago e posteriormente á universidade compostelá, da que foi o seu primeiro catedrático de Lingua e Literatura Galega.

 

Por iso para esta semana imos empezar lendo “As pitas baixo a choiva” e contestando ás preguntas.

 

 

 

AS PITAS BAIXO A CHOIVA

 

Un refacho de vento, de súpeto, conmoveu o aire. E unha nube moura esvarou polo ceo. Laiáronse as árbores docemente, e axiña se velou o sol. A bóveda azul fíxose gris e fría. E a chuvia comezou a caer.

 

Era unha chuvia de verán, torrencial, esmagadora. A terra seca bebeu arelosamente as primeiras augas. Logo, enchente, rexeitou beber máis. Charcos e miúdos regueiros xurdiron entre a lama. Alam-pou un lóstrego. Como se un carro de patacas emborcase a súa car-ga, a rolar, polo teito do ceo, o trebón retumbou.

 

RICARDO CARVALHO CALERO

 

1.- Escribe unha pregunta relacionada co texto para cada unha destas respostas.

 

-Unha nube moura________________________________

 

-Gris e fría_______________________________________

 

-As primeiras augas________________________________

 

2.- Falando de auga. Xa sabes que a auga é un ben escaso hoxe. Como podemos facer para reutilizar a auga ou para evitar un gasto excesivo? Escribe tres medidas.

 

3.- Atopa as palabras relacionadas co tempo atmosférico.

 

4.- Arrodea o símbolo dos nomes dos fenómenos atmosféricos que se nomean no texto.

 

5.- Resolve o encrucillado con palabras que aparecen no texto.

 

6.- Resolve estes dous xeroglíficos relacionados co clima e coa contaminación.

 

7-Dende o Departamento de Dinamización da Lingua Galega  propoñen facer un vídeo con recitado de poesía en galego e que podedes mandar xunto coas tarefas desta semana.

 

TAREFA SEMANAL DO 4 ao 8 de maio

TAREFA SEMANAL DO 4 ao 8 de maio

Ola familias:

O día 9 de maio celebramos “O día de Europa” polo que esta semana as actividades ímolas dedicar á devandita celebración.

O Día de Europa celebra, cada 9 de maio, a paz e a unidade do continente. A data é o aniversario da histórica declaración de Schuman.

Nun discurso pronunciado en París en 1950, o ministro francés de Asuntos Exteriores, Robert Schuman, expuxo a súa idea dunha nova forma de cooperación política que fixese impensable un conflito bélico entre as nacións europeas.

Polo tanto as tarefas para esta semana serían:

1-Buscar e debuxar a bandeira de Europa.

2-Buscar Europa no mapamundi (Google maps) só buscar e visualizar.

3-Formas de representación da Terra, planos, mapas e globos terráqueos. Podemos debuxalos no diario, despois de buscalos na internet.

4-Lembrar o nome dos continentes nun mapamundi. Buscar Europa. Buscar os continentes na internet. Pintar con distintas cores os continentes.

5-Poñer o nome dos océanos principais nun mapamundi e sinalar o que baña Europa.

6-Sinala as partes dun globo terráqueo: eixo, hemisferios, Ecuador, polos e di en que hemisferio se atopa Europa.

7-Repasamos os distintos tipos de mapas: físico, político, temático

 

LECTURA DE LA LEYENDA : “EL RAPTO DE EUROPA”

¿Os habéis preguntado por qué Europa se llama así? Si se eligió ese nombre para todo un continente fue en honor de una princesa fenicia llamada Europa a la que sus hermanos estuvieron buscando por todo el continente. Así nos lo cuenta la mitología griega.

Hubo un tiempo en el que aún no se habían decidido los nombres para cada continente. En el caso de Europa, se eligió ese nombre por un motivo bien curioso que nos cuentan desde la mitología griega.

Una vez el dios Zeus estaba observando el mundo desde su casa del Olimpo y se fijó en una princesa fenicia llamada Europa que estaba bañándose en la playa junto a sus amigas. Zeus se enamoró perdidamente de ella y decidió conquistarla, pero todo el mundo tenía miedo de los dioses. Así que bajó a la playa convertido en un hermoso toro blanco y además muy manso y muy tranquilo.

La princesa Europa vio al precioso toro blanco en la orilla del mar y se acercó a él. Tenía un tacto agradable, le acarició el lomo y se montó en el toro como si fuera un caballo. En ese momento el toro se adentró en el mar con la princesa agarrada a sus cuernos y nadaron y nadaron muy lejos hasta las costas de la isla mágica de Creta

Allí se quedó a vivir Europa, en la misma isla donde estaba el laberinto de Dédalo. Y durante mucho tiempo nadie supo de ella. Su familia la buscaba por todas partes pero nadie la había visto, solo sus amigas dijeron que se había adentrado en el mar a lomos de un toro blanco.

La familia de la princesa Europa se recorrió medio mundo buscándola.

¿Habéis visto a Europa?- preguntaban desesperados en cada lugar al que llegaban.

Pero nadie la había visto. Su familia pasó por Italia y allí no había rastro de ella. Luego fueron a España, a Portugal, a Francia, a Holanda... Se recorrieron todo el continente haciendo la misma pregunta.

¿Habéis visto a Europa?

Los habitantes de cada lugar se preguntaban unos a otros por Europa y así, de tanto mencionarla, todos los lugares por los que pasó la familia en busca de la princesa se llamaron Europa.

Y mucha gente se pregunta cómo es que los familiares de Europa se recorrieron todo el continente y no la encontraron. Pero es que no pudieron llegar a Creta en ningún momento. Resulta que por aquella época nadie podía acercarse a las costas de Creta porque un gigante de bronce llamado Talos impedía la entrada a la isla. Pero esa es otra historia que dejaremos para otro día.

Laura Vélez. Redactora de Guiainfantil

 

Enlaces de interés:

Banderas Europeas.

https://op.europa.eu/en/publication-detail/-/publication/9114674b-829b-4c44-ab05-6b2310e7b396

 

Video:  “Creación de la Unión Europea.”

https://view.genial.ly/5ea2936f6489ab0dc222dec3/video-presentation-u-e

Teatro de marionetas.  “A viaxe de Cuadrito por Europa.”

https://youtu.be/rJGq-FscgRg

 

Video:  “Día de Europa.”

https://youtu.be/wx_P8_-9b8U

 

Xogo puzle e xogo lugares de interés:

https://europa.eu/learning-corner/eu-puzzle_es

https://europa.eu/learning-corner/match-the-landmarks_es

 

Feliz semana a todos. Abrazos virtuales.

TAREFA SEMANAL DO 27 AO 30 DE ABRIL

TAREFA SEMANAL DO 27 ao 30 de abril

Ola a todos/ as

Continuamos coas tarefas semanais de repaso e ampliación. Esta semana pasada celebramos o día da Terra, a semana do libro e o propio día do libro. Xa que celebramos o día do libro imos pararnos un pouco máis no día da Terra.

É un día para reflexionar e compartir con todos os cidadáns do mundo o estado de saúde do planeta no que vivimos. E celébrase en todo o mundo ao mesmo tempo.

Propoño estas actividades semanais:

1-Debuxamos o planeta Terra como parte do Sistema Solar e sinalamos todos os planetas que ten ao seu ao redor. Escribe no diario o nome de cada planeta e podes facer un debuxo del.

2-Lembramos os movementos da Terra. Rotación e translación. Cando tarda a Terra nestes movementos e a que dan lugar.

 

3-Capas da Terra. Xeosfera, Hidrosfera e Atmosfera. Facer tamén un debuxo e identificar as capas.

4-A Terra ten unha forma particular. Di cal. Lembramos os conceptos de circunferencia e círculo. Copialos no teu diario e identifica cal deles sería a Terra.

-Como extra podedes facer un planeta Terra como manualidade e mandarme unha foto (o neno/a que queira e só unha foto por alumno/a)

Tamén vos mando ligazóns por se vos interesa lembrar algo máis.

Ligazóns de interese:

Partes da Terra

https://www.youtube.com/watch?v=8IUnpPkTGwo

O planeta Terra

https://www.youtube.com/watch?v=vuW8YJ532g8

Movementos da Terra

https://www.youtube.com/watch?v=th79sDCAh0Q

Tamén podedes visitar o noso blog

http://arcoirisprimaria.blogspot.com/

O blog da Biblio do cole

https://bibliotecaillascies.wordpress.com/

E incluso o departamento de Orientación que ten moi boas recomendacións para as saídas da poboación infantil.

https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipillascies/?q=node/1749

 Moitos bicos e boa semana!!!!

TAREFA SEMANAL DO 20 ao 24 de abril

TAREFA SEMANAL DO 20 ao 24 de abril

Ola a todos/ as

Somos uns campións, xa levamos unha chea de días de confinamento e vexo que seguides traballando en casa coas vosas familias. Todos o estades facendo moi ben. Seguimos coas tarefas semanais que aos poucos van facendo do noso diario Arcoíris un auténtico libro de repaso e reforzo.

Así que para esta semana imos a:

1-Preparar nós mesmos unha merenda cuxos ingredientes sexan lácteos e froita.

2-Conversar sobre os perigos e utilidades das redes sociais e facer unha lista no noso diario.

3-Crear unha liña no tempo sobre os membros da nosa familia materna e paterna e facer a árbore xenealóxico ata onde podamos.

4-Tempo de ler en familia. Club de lectura familiar. Realizar un marcapáxinas cos nosos tres libros favoritos desde sempre. Eses libros que sempre nos gusta ler desde que eramos pequenos.

5-Escribir no noso diario e en galego, unha poesía sobre o tema que queirades.

6-Inventar dúas contas de dúas cifras...O que sexa valente que o faga con tres cifras ( uauuuuuu....) que son exactamente iguais que as de dous, pero sáennos contas máis grandes...Esas contas multiplicaranse utilizando polo menos dous destes números : 7,5,9

Se queredes, coma sempre, podedes mandarme fotos dalgunha das actividades que fagades.

¡Boa semana! e pensade que cada día, a cada paso que damos queda un menos. Coidarvos moito, por favor.

Bicos: Elena

 

Distribuir contido


by Dr. Radut