¡Que movida! ¡UN EXITAZO!
Montar postos de venta, expoñer os produtos elaborados, colocar os prezos, colgar carteis publicitarios, comprar, vender, aproveitar ofertas...
No posto de COOPERATIVA ECO-CÍES, de 2º, e SUPER FROITAS BROS, de 3º, consumimos produtos naturais e ecolóxicos: brochetas de froitas, compota de mazá, rebanadas de pan de casa con tomate...
No posto de Infantil, BISCOITOS E BICOS DE MIL EN MIL degustamos doces feitos con moito cariño.
En CREACIÓNS NAINO-NAINO'S, de 5º, todo estaba feito con materias reciclados: carteiras, pulseiras, broches...
En CADROS FANTASÍA, de 1º, compramos cadros orixinais feitos con gran creatividade...
Na XOGUETERÍA CUARTO, mercamos xoguetes de segunda man.
E na LIBRARÍA DOS SOÑOS, de 6º, tiñamos contos para todos os gustos, e tamén marcadores.
Os nenos e nenas desenvolveron o rol de produtores, vendedores e compradores. Traballaron a linguaxe publicitaria a través dos carteis elaborados e o cálculo mental.
O mercado supuso un gran traballo en equipo previo, onde foi necesario respectar as ideas dos compañeiros e compañeiiras e colaboración para poder levar todo a bo fin.
Tamén moitas familias colaboraron preparando produtos para algúns postos.