Skip to Content

Secretaría

CAMIÑANDO CARA O VERÁN

 

A PASIÑOS FACEMOS CAMIÑOS

 

Ao longo do curso percorremos moitos camiños que están expresados no noso mural. Pouco a pouco rematamos esta etapa. Camiñando, atopámonos co verán. Agora toca descansar.

 

DISFRUTADE  DO VERÁN. BOAS VACACIÓNS.

 

GRADUACIÓNS DE 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA E 6º DE EDUCACIÓN INFANTIL

 

OUTRO ANO MÁIS TOCA DESPEDIRSE DAS ETAPAS DE EDUCACIÓN INFANTIL E PRIMARIA, DENDE O COLE QUEREMOS DESEXARVOS QUE A NOVA ETAPA QUE COMEZADES ESTÉ CHEA DE MOMENTOS DE ÉXITO, DE LEDICIA, E QUE CANDO MIREDES CARA ATRÁS, ESPERAMOS NOS RECORDEDES CO CARIÑO E AGARIMO CO QUE VOS RECORDAREMOS A VÓS.

EXITOSA ANDAINA QUERIDOS ALUMNOS/AS.

 

 

  PARA VER MÁIS FOTOS IR Á GALERÍA DE IMAXES

Celebración San Xoán

Hoxe todo ao alumnado do cole lavamos a nosa cara coa auga aromatizada das herbas de San Xoán.  

Onte quedaron a remollo toda a noite ao orballo.  

Empregamos fiúncho para evitar o mal de ollo, herba luisa que nos protexe dos enganos e o mal de amor, o fento que protexe os fogares, o romeu que estimula e purifica,...e moitas máis.  

 

Quedamos todos perfumados e protexidos!

O SAN XOÁN

O San Xoán é a noite do solsticio de verán

 Para preparar o San Xoán, o seu é poñerse roupa cómoda e botarse ao monte para buscar as sete herbas que non poden faltar para cumprir co ritual protector da noite máis curta do ano.

 As herbas para facer a auga deben estar recollidas antes da caída da noite.

A tradición di que, coa escuridade, as forzas do mal libéranse e as plantas cortadas tras a posta do sol non serían puras.

• A primeira é a flor de San Xoán ou « espantademos», cuxa finalidade está clara.

• Non pode faltar o fiuncho, preciso para evitar o mal de ollo.

• Engadamos á lista a herba luisa, que protexe dos enganos e do mal de amor.

• Poñamos malva silvestre, capaz de « abrandar os caracteres máis duros»,

Fento macho, «que protexe os fogares»

• Completemos co romeu, « unha herba que estimula, pero que tamén purifica».

A partir desa mestura básica de herbas, en cada zona, mesmo en cada casa, compoñen as súas propias receitas, e incluso con auga «de sete fontes».

A mestura deberá pasar a noite ao raso, para ser bendicida polo orballo.

E ao día seguinte hai que lavarse a cara con esa auga purificadora, mirando ao sol.

 

 

5 DE XUÑO DÍA DO MEDIOAMBIENTE 2022

O 5 de xuño celébrase o día do medioambiente. No Illas Cíes temos viveiros de aula de castiñeiros e carballos.

No cole temos un horto e diferentes espazos verdes que os/as alumnos/as coidan.

AXUDA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR PARA PRIMARIA

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS

AXUDAS PARA MATERIAL E LIBROS DE TEXTO 

CURSO 2022-23

 

NORMA:

ORDE do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos, para o curso escolar 2022/23 (código de procedemento ED330B).

PREME PARA IR Á CONVOCATORIA NO DOG

PREME PARA IR AO PORTAL EDUCATIVO

DESCARGAR ANEXO I

DESCARGAR ANEXO  II

DESTINATARIOS: ALUMNADO DE PRIMARIA.

Alumnado de 1º a 6º: Axudas para adquirir material escolar

Alumnado de 1º e 2º: Axudas para adquirir libros de texto

Alumnado de 3º, 4º: Participación no fondo solidario de libros

      

O alumnado de 5º e 6º de Primaria non ten dereito a solicitar o fondo solidario, por non traballar con libros de texto. Está concedido o Proxecto EDIXGAL e empregaranse libros dixitais cun ultraportátil para cada alumno/a.

FORMA DE PRESENTACIÓN E PRAZO:

Do 19 de maio ata  22 de xuño (incluído) de 2022.

·       

Presentaranse preferentemente por vía electrónica accedendo á aplicación  Fondolibros (https://www.edu.xunta.es/fondolibros), unha vez que teñan cubertos todos os datos deberán gardala, obtendo asi o número de solicitude, e posteriormente poderan optar polas seguintes formas de presentacion:

-     

Presentacion no centro: Neste caso imprimiran a solicitude e o anexo II e presentaranos no centro (debidamente asinados), xunto coa documentacion (A solicitude xa terá asignado un número pola aplicacion).

- Presentación a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal).

 

·        Presencialmente na secretaría do centro (con cita previa).

 

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

- Anexo I e Anexo II.

- Orixinal e fotocopia do libro de familia ou documento equivalente e outra documentación complementaria de ser o caso, segundo a Orde da convocatoria.

 

 

 

Visita do alcalde ao colexio Illas Cies.

 

Hoxe xoves visitou o noso cole o alcalde de Vigo, Abel Caballero.  O alumnado agasallouno cun baile galego e unhas regueifas. O señor Alcalde estivo acompañado polo director do centro, o conselleiro de Educación e unha serie de xornalistas que cubrían o evento. O alcalde interesouse polas obras realizadas no noso patio. 

CAMPAMENTO URBÁN 2022

ADMISIÓN ALUMNADO 22-23

DENDE HOXE 10 DE MAIO, ESTÁN PUBLICADAS NA SECRETARÍA DO CENTRO AS LISTAS DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 22-23

 

TODAS AS SOLICITUDES FORON ACEPTADAS

Distribuir contido


by Dr. Radut