Skip to Content

VISITA DE PAPÁ NOEL

O XOVES 19 DE DECEMBRO VISITOUNOS PAPÁ NOEL

Con moito agarimo recolleu as nosas cartas e fíxonos vivir uns momentos de moita ilusión e felicidade.

GRAZAS PAPÁ NOEL!

 

 

 

DÍPTICO CELEBRACIÓN DE NADAL 2019

Hoxe os alumnos/ as levaron o díptico informativo sobre todos os acontecementos desta semana de nadal, como o día de visita de Papá Noel, información sobre o festival e o programa coas actuacións.

(Clic no adxunto)

CALENDARIO 2020

Calendario 2020 de todas as aulas do cole baixo o proxecto "Persoas iguais linguas diversas" no que facemos un percorrido por algunhas partes do mundo para coñecer os costumes dos países e as súas linguas.

 

 

O NADAL DO ILLAS CIES 2019

Chega o Nadal ao CEIP Illas Cíes.

  As nais e pais da ANPA adornaron o colexio con árbores, campás, agasallos e lazos.

 

ANEDIA 2019

De novo visitounos ANEDIA para ofrecernos formación aos profes do cole sobre a diabetes.

 

CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

25 de novembro do 2019 : Día internacional contra a violencia de xénero.

MAGOSTO 2019

MAGOSTO 2019:FIXEMOS DÚAS FOGUEIRAS NO PATIO DE INFANTIL PARA DESPEDILO,ASAMOS CASTAÑAS CUN CASTAÑEIRO,COMÉMOLAS E XOGAMOS A PETANCA 

 

 

Día universal da infancia

20 de novembro de 2019 : celebración do día universal da infancia

14 DE NOVEMBRO: DÍA MUNDIAL DA DIABETE

O día 14 de novembro celébrase o día mundial da diabete.

Pretendemos concienciar a todos sobre esta enfermidade que está en constante aumento a nivel mundial.

Queremos mostrar unha especial sensibilidade conmemorando este día.

Polo tanto:

  1. Trataremos o tema nas aulas.
  2. No comedor lembrarase aos nenos/as que padecen esta enfermidade e os coidados que precisan. Colaboran neste evento: Asociación ANEDIA, ARUME, FOANPAS, ANPA O CRUCEIRO e CONCELLO DE VIGO . Recibiremos a visita do Sr.  Alcalde, do concelleiro de Educación e outras autoridades.

*Para máis información consultade o arquivo adxunto, atoparedes ligazóns interesantes sobre o tema.

 

INFORMACIÓN AS FAMILIAS

COMUNICÁMOSLLES QUE O MAGOSTO PREVISTO PARA O MARTES 12,SUSPÉNDESE POR MOR DO MAL TEMPO ATA NOVO AVISO

Distribuir contido


by Dr. Radut