Skip to Content

6º Curso

Facemos presentacións sobre personaxes fundamentais da España do século XIX

Este trimestre estamos aprendendo moitas cousas da historia do mundo e do país.

É moi importante coñecer o pasado para comprender o presente e construír o futuro.

Mirade que presentacións tan chulas fixemos de personaxes históricos do século XIX.

 

Mateo investigou sobre Carlos V:

Ángela sobre Espartero:

Lucas sobre Amadeo de Saboia:

 

Yéremi sobre Carlos IV:

Guillermo sobre Isabel II:

Noelia sobre María Cristina de Habsburgo:

Diego sobre Alfonso XII:

Antón sobre Napoleón:

Ángela sobre María Cristina de Borbón:

Nikol sobre Fernando VII:

Alba de María Cristina de Borbón:

Lía de Amadeo de Saboia:

Brais de Cánovas del Castillo:

Xiana de Afonso XII:

Hugo de José I Buonaparte:

Otto de Narváez:

Laura fixo un vídeo de Fernándo VII:

 

Tristán, en vez de facelo sobre unha persoa, investigou sobre a Primeira República:

 

 E Xabela compuxo un poema para contarnos a biografía de Xosé Bonaparte:

 

 

A VIDA DE XOSÉ BONAPARTE

 

 

 

Naceu o 7 de xaneiro,

 

un día de néboa no mar

 

e de terra, a maioría dos mariñeiros

 

non querían zarpar.

 

 

 

Do 1768,

 

aquel era un día especial

 

pois nacera un persoaxe,

 

que tería fama mundial.

 

 

 

Chamábase Xosé Bonaparte,

 

aquel neno nacido en Córcega

 

concretamente, na cidade de Corte

 

e que formaría parte da nosa historia.

 

 

 

Fillo de Carlo Buonaparte,

 

e de María Leticia Ramolino

 

era o irmán maior,

 

de 8 inquietos rapaciños.

 

 

 

Cursou estudos de leis,

 

na cidade de Pisa

 

e no 1796,

 

con Napoleón, nunha campaña, a invadir Italia foron deprisa.

 

 

 

Contraxo matrimonio cunha tal Marie Julia,

 

tivo tres fillas, das cales unha non sobreviviu

 

e tamén outro fillo,

 

cunha tal Emilie.

 

 

 

Durante as Guerras Napoleónicas,

 

foi o enviado especial de Napoleón

 

e firmou tratados con Austria, Gran Bretaña, o Vaticano…

 

menudo chollo, e que follón!

 

 

 

Despois traballou como diplomático,

 

na Corte de Parma e na Primeira República Francesa

 

e foi membro do consello dos Quinientos,

 

madre mía, canta intelixencia.

 

 

 

No 1806,

 

Napoleón nombrouno rei de Nápoles

 

e reinou alí durante dous anos,

 

créndose que con dicir “ maxasea a cabeza, limpa o mantel”, todos o ían facer.

 

 

 

No 1808,

 

Napoleón nombrouno rei de España

 

onde según os cidadáns,

 

bar ao que entraba, caña que tomaba.

 

 

 

5 anos estivo alí,

 

reinando baixo o nome de Xosé I

 

aínda que todos o coñecían,

 

como “ PEPE BOTELLA” ou “ O REI PLAZUELAS”.

 

 

 

A Francia regresou,

 

despois de que o botaran os españois,

 

e trala derrota do seu irmán Napoleón,

 

aos Estados Unidos emigrou.

 

 

 

Despois duns anos,

 

a Europa volveu

 

e máis tarde,

 

en Florencia faleceu.

 

 

 

 

25 novembro: Día contra a violencia de xénero

Nun día tan importante as nenas e nenos de 6º berramos NON ó machismo e ó sexismo e SÍ ó respeto, á honestidade, á paz, á solidaridade, ó amor, á igualdade e ó feminismo.

 

 

Aprendemos a traballar con Scratch

Esta semana estivemos na aula de informática aprendendo a programar. Utilizamos unha linguaxe de programación chamada Scratch e fixemos que os nosos gatiños saudaran, xiraran, camiñaran... e mesmo que resolveran algún acertixo matemático! Aquí van unhas fotiños de algúns de nós cos nosos traballos:

Celebramos o Magostín

O vernes 30 celebramos o Magostín (Magosto+ Samaín). O xoves amoxetamos as castañas e o vernes as asamos entre todos e as papamos. Ademais, disfrazámonos, miramos unha película e contamos historias terroríficas. Pasámolo xenial!

 

Experimentamos cos mofos

Comezamos o curso aprendendo moito sobre a parte máis pequena dos seres vivos que ten vida propia: a célula. As células non se poden ver a simple vista, polo que utilizamos o microscopio para ver distintos tipos de células e materiais.

 

Interesámonos moito polos tipos de fungos: os fungos con cogomelos, os fermentos e os mofos. Por iso, decidimos ver en primeira persoa como crecía o mofo. Os mofos viven sobre restos de seres vivos e sobre a materia en descomposición, como por exemplo, a froita estragada.

Así que nos puxemos mans a obra e o 24 de setembro colocamos un pexego que comezaba a estragarse ó lado de pan húmido e o tapamos. Ó día seguinte o mofo xa estaba así:

Despois de toda a fin de semana estábamos intrigadísimos co noso mofo. Fixemos hipóteses imaxinando cómo estaría a froita e o luns 28 de setembro estaba así:

 

O pan seguía intacto, pero o mofo crecera moitísimo. Algún mosquito da froita axexaba.

O martes 29 por fin colonizou o pan:

 

O mércores 30 volvemos a comprobar o noso experimento e o mofo estaba así:

Despois de que algún compañeiro (ou compañeira) suxerira con pouca fortuna adoptalo e facelo a mascota de clase, decidimos abrilo en canal e observalo no microscopio:

 

 

Foi unha experiencia moi enriquecedora na que o pasamos moi ben. Tamén aprendemos que non se debe cortar a parte estropeada da froita para comela. Deixámosvos un artigo moi interesante sobre o tema:

 

Seguiremos investigando.

 

As nenas e os nenos de 6º despídense

Esta é a última semana de clases, que rematades cun sentimento agridoce, posto que finalizades unha etapa importante da vosa vida pero non vos podedes ver en persoa nin despedir de moitos compañeiros, dos profesores nin do cole.

Se é posible os profes queremos que teñades, aínda que sexa en setembro, unha ceremonia de graduación, xa que estamos moi orgullosos de vos e o merecedes; pero, de momento, temos que apañarnos co que hai e adaptarnos o mellor posible ás circunstancias que nos toca vivir.

Por iso, entre todos, fixemos un vídeo de graduación. Para ter o recordo do que vivimos e non esquecer ós amigos nin ós profes. O vídeo ten catro partes distintas: os vosos recordos, os desexos dos profes, mensaxes para que os vosos compañeiros non esquezan nunca e algunha palabra e intención para o voso eu do futuro. Estou moi orgullosa de vos, sodes grandes persoas xa dende moi novos. Déixovos co vídeo:

Ademais, como sorpresa, os pais de Óscar fixeron outro vídeo no que recollen fotos de toda a clase dende que érades pequenos. Crecestes moitísimo! Son uns expertos e tamén vos colocaron un birrete Sorriso

Vémonos o mércores na merendola en liña Guiño

 

ASÍ TRABALLA O ALUMNADO DE 6º

Compartimos mostras dos últimos traballos de 6º.

 

RUTAS POLAS COSTAS ESPAÑOLAS

 

Adriana

 

 

Anaís

 

André

 

Anxo

 


David

 


Esteban

 

 

Gael

 

 

Hugo

 

Ikram

 

 

Izan 

 

 

Joel

 

Mathilde

 

Raquel

 

Rubén

 

Sabela

 

Xavi

 

Xinxuan

Ademais, Xavi e Anxo fixeron traballos noutros formatos. Deixo o link por se queredes botarlle unha ollada.

Xavi:  https://prezi.com/view/ZflwYuxNZ64wAAl6fBnx/

Anxo:   https://www.emaze.com/@AOWRTIZTQ/benvidos?autoplay

 

En resumo, parabéns a todos e todas por estes traballos!!!

 

 

Semana do 15 ó 19 de xuño

Tarefa 29: Cápsula do tempo

Esta semana ides facer unha pequena cápsula do tempo para enterrar ou esconder nalgún lugar seguro que sexa especial para vos. Non a abriredes ata que rematedes a nova etapa que ides empezar en setembro: a ESO.

Tedes unha plantilla para cubrir en documentos adxuntos, pero podedes incluír moitas máis cousas que sexan especiais para vos: fotos, algunha carta dun amigo, pulseiras, unha entrada de cine... É importante que teña relevancia e vos recorde e evoque cousas do momento actual no futuro. Na reunión do mércores podedes ensinar algunha das cousas que decidades meter.

Como caixa impermeable podedes utilizar un cartón de leite recortado, un bote de Pringles... dádelle o coco e reutilizade algo que teñades a man.

Pensade que será como un cofre do tesouro que abriredes con moita ilusión nuns anos.

 

 

Tarefa 30: Autoavaliación final de curso

Ti ti tirirí ti ti ti (ler cantando a música de Harry Potter). Esta é unha tarefa de autoavaliación para ver cómo valorades o voso traballo este ano. Atópase en adxunto. Tedes que enviarme unha foto dos vosos reloxos pintados (ou o documento escaneado). Reflexionade ben antes de contestar. Estou segura de que moitos estarán cheísimos, porque traballastes moito.

 

Tarefa 31: Deberes para o verán

Aquí vos deixo unha longa lista de deberes para o verán. (Se queredes imprimir o documento para ir riscando o que vaiades facendo tamén está en adxunto). O máis importante é que o pasedes en grande e non vos esquezades de ler e descubrir historias novas.

 

Atentos estes días á páxina, que subiremos contido voso ;)

Non vos esquezades que o martes 16, de 10 a 13 h será a entrega de libros e recollida de material no cole.

P.D. O mércores será a última reunión que teñamos, podedes vir disfrazados. Ademais, faremos unha merendola en liña, así que podedes traer un aperitivo (patacas, etc.) e unha bebida para comer todos xuntos.

 

Semana do 8 ó 12 de maio

Tarefa 27: Ruta turística polas costas españolas

Imaxina que xa podemos viaxar polo país. Propón unha ruta sostíbel por unha das costas españolas. Tedes a tarefa explicada en detalle no arquivo adxunto.

 

Tarefa 28: Repaso lengua castellana

Haremos un repaso de los diferentes tipos de palabras: sustantivos, pronombres, verbos, advervios, determinantes, adjetivos, preposiciones, conjunciones e interjecciones.

También leeremos el siguiente texto y contestaremos a las preguntas.

Isto é todo por esta semana. Vémonos o mércores :)

 

ASÍ TRABALLA O ALUMNADO DE 6º

FELIZ DÍA MUNDIAL DEL MEDIO AMBIENTE!!!

 

BUEN TRABAJO SEXTO, SOIS UN GRUPO EXCEPCIONAL 

 

AQUÍ ESTÁN VUESTROS TRABAJOS DE ESTA SEMANA

 

ADRIANA

 

 

 

ALYSSA

 

 

 

ANDRÉ

 

 

 

AROA E IZAN

 

 

DAVID

 

 

ESTEBAN

 

 

 

GABRIELA

 

 

GAEL

 

 

HUGO

 

 

IKRAM

 

 

JOEL

 

 

MARTÍN

 

 

 

MIKEL

 

 

 

ÓSCAR

 

 

 

RUBÉN

 

 

 

SABELA

 

 

 

TIAGO

 

 

 

 

XINXUAN

 

 

Además habéis querido experimentar programas nuevos. Aquí tenemos los enlaces a los trabajos de Anaís y Anxo:

 

ANAÍS: https://prezi.com/view/PJxXCApYdLhFZoPjfm9H/

ANXO: https://www.youtube.com/watch?v=vs9T962v0Lc#action=share

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut