Skip to Content

Secretaría

INICIO DE CURSO 20-21

REUNIÓNS INFORMATIVAS DE INICIO DE CURSO PARA FAMILIAS

Estimadas familias:

Ante un novo inicio de curso que supoñemos se presenta incerto para vostedes polo retroceso da pandemia, queremos transmitir tranquilidade, xa que estamos a traballar para poñer todo a punto segundo marca o protocolo publicado pola Consellería de Sanidade e Educación.

 Pretendemos que o CEIP Illas Cíes sexa un centro seguro coa prevención, colaboración e compromiso de toda a comunidade educativa, coordinación, hixiene e promoción da saúde.

No centro, "AGORA NADA É COMO ANTES". SON MOITOS OS CAMBIOS ORGANIZATIVOS DO COLEXIO, POLO QUE, COMUNICAMOS AS DATAS E HORAS DAS REUNIÓNS INFORMATIVAS DE INICIO DE CURSO PARA FAMILIAS.

NIVEL

DATA

HORA

 

4º E. Infantil (3 anos)

Xoves 3 de setembro

9.30 h

5º E. Infantil (4 anos)

Xoves 3 de setembro

11.00 h

6º E. Infantil (5 anos)

Xoves 3 de setembro

12.30 h

1º Educación Primaria

Venres 4 de setembro

9.30 h

2º Educación Primaria

Venres 4 de setembro

11.00 h

*3º Educación Primaria

Venres 4 de setembro

12.30 h

*4º Educación Primaria

Luns 7 de setembro

9.30 h

*5º Educación Primaria

Luns 7 de setembro

11.00 h

*6º Educación Primaria

Luns 7 de setembro

12.30 h

* As reunións serán no salón de actos/comedor.

*Nesta reunión entragaranse os libros de texto ás familias do alumnado que teñen dereito ao fondo solidario de libros, asinando ese día o documento de compromiso de recepción, coidado e devolución dos mesmos.

* DEBIDO Á IMPORTANCIA DESTAS REUNIÓNS, PREGAMOS A SÚA ASISTENCIA. UN SÓ REPRESENTANTE DE CADA FAMILIA.

AS CLASES PRESENCIAIS DARÁN COMEZO O DÍA 10 DE SETEMBRO.

BOAS VACACIÓNS

O EQUIPO DE PROFESORADO DESEXA QUE PASEDES UN BO VERÁN. DISFRUTADE CON "SENTIDIÑO" DAS VACACIÓNS BEN MERECIDAS.

 

O NOVO CURSO COMEZA O 10 DE SETEMBRO. PARA ACCEDER AO CALENDARIO ESCOLAR 20-21 PINCHA EN:

ORDE POLA QUE SE PUBLICA O CALENDARIO ESCOLAR 20-21

CALENDARIO CON DIAS LECTIVOS E NON LECTIVOS 20-21

LISTAS DEFINITIVAS FONDO LIBROS, AXUDAS LIBROS E MATERIAL

PUBLICACIÓN DE LISTADOS DEFINITIVOS DE ADXUDICACIÓN DE FONDO LIBROS, AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Nos arquivos adxuntos poden consultar os listados de 1º a 6º de Educación Primaria. Para localizar as adxudicacións, abran a lista do curso correspondente e identifiquen aos seus fillos/ as pola inicial de apelidos e nome.

Os listados cos nomes e apelidos completos poden consultarse na secretaría do centro ou chamando ao teléfono 886120111 (de 10.00 h a 13.00 h)

As listaxes tamén as poden consultar por vía electrónica a través da aplicación Fondolibros, empregando a Chave 365 ou o certificado dixital da FNMT (na pestana de CIDADÁN co DNI da persoa solicitante).

 

ENTRAGA DE VALES: 9 E 10 DE XULLO (DE 10.00 A 13.00 H)

 

 

CALENDARIO XULLO

 CALENDARIO FIN DE CURSO DURANTE O MES DE XULLO

Por mor da pandemia paralizáronse todos os prazos administrativos, retrasando o prazo de matrícula para o mes de xullo, afectando polo tanto a outras xestións como as axudas de fondo de libros e axudas para material e libros de texto. Polo tanto, VÉMONOS NA OBRIGA DE MODIFICAR ALGUNHAS DATAS RELATIVAS A PUBLICACIÓN DE LISTAXES DE ADXUDICACIÓN DE FONDO SOLIDARIO E ENTREGA DE VALES. AS NOVAS DATAS FIGURAN A CONTINUACIÓN.

 

HORARIO DE SECRETARÍA DO 1 AO 10 DE XULLO: DE 10.00 A 13.00H.

-VENRES, 3 DE XULLO: PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS  ADXUDICACIÓN FONDO LIBROS PARA ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º e 6º E. Primaria. Reclamacións 6 e 7 xullo.

 - MÉRCORES, 8 XULLO: PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS  ADXUDICACIÓN FONDO LIBROS PARA ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º e 6º E. Primaria.

 o   ANUNCIARASE A PUBLICACIÓN NA WEB DO CENTRO E POR ABAL MÓBIL. O LISTADO ESTARÁ NA SECRETARÍA DO COLEXIO.

 o   OS LIBROS DO FONDO SERÁN ENTREGADOS NA AULA CANDO COMECE O CURSO.

 - XOVES 9 E VENRES 10 DE XULLO: ENTREGA DE VALES ÁS FAMILIAS

             - Para adquisición de libros de texto de 1º e 2º de Primaria.

             - Para material escolar: todos os cursos de Primaria.     

HISTORIAL ACADÉMICO DE 6º DE PRIMARIA: ENTREGA A FAMILIAS2 E 3 XULLO.

PRAZO DE MATRÍCULA PARA NOVO ALUMNADO :DO 1 AO 10 DE XULLO

 

 

 

LISTADO DEFINITIVO DE ALUMNADO ADMITIDO

DENDE HOXE, 23 DE XUÑO, QUEDAN PUBLICADAS AS LISTAS DEFINITIVAS DE ALUMNADO ADMITIDO PARA O CURSO 20-21

Todo o alumnado que solicitou praza para os diferentes cursos, está admitido.

PRAZO DE MATRÍCULA: DO 1 AO 10 DE XULLO. PREGAMOS ENTREGUEN CANTO ANTES A DOCUMENTACIÓN DE MATRÍCULA PARA AXILIXAR DIVERSOS PROCESOS ADMINISTRATIVOS.

HORARIO DE SECRETARÍA : DE LUNS A VENRES DE 10.00 A 13.00 H.

Recordamos que de non formalizar a matrícula, perden o dereito á praza.

ACHEGAMOS POR EMAIL A RELACIÓN DE DOCUMENTACIÓN QUE DEBEN PRESENTAR, IMPRESO DE MATRÍCULA E OUTROS MODELOS QUE DEBEN CUMPLIMENTAR SE É O CASO.

Poden consultar no documento adxunto o listado de admitidos, nel figuran as iniciais dos apelidos e nome do alumnado.

 

AXUDAS CONCELLO DE VIGO

AXUDAS MUNICIPAIS DE LIBROS, MATERIAL ESCOLAR E COMEDOR PARA ALUMNOS/ AS DE CENTROS DOCENTES PÚBLICOS E PRIVADOS CONCERTADOS DE EDUCACIÓN INFANTIL (2A ETAPA), EDUCACIÓN PRIMARIA E SECUNDARIA. CURSO 2020-2021
 
O prazo para solicitar as axudas escolares municipais  será do 25 de xuño ao 22 de xullo

As solicitudes presentaranse mediante cita previa a través de: www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou no 986 810 260

As citas poderán solicitarse a partir do luns día 22 de xuño

Todas as persoas dadas de alta na carpeta cidadán do concello poden tramitar a sua solicitude  a traves  dela

As solicitudes  e anexos que se achegan  están preparados para a sua tramitación telemática (VER DOCUMENTOS ADXUNTOS).

CUALIFICACIÓNS FIN DE CURSO

PUBLICACIÓNS DE NOTAS DE ALUMNADO DE FIN DE CURSO EN ABALAR MÓBIL:

MÉRCORES 17 DE XUÑO ÁS 21.00 HORAS.

LIBROS DE TEXTO 2020-21

NOS SEGUINTES DOCUMENTOS ADXUNTOS PODEN CONSULTAR O LISTADO DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 20-21.

 


 

DÍA DO MEDIO AMBIENTE

VENRES 5 XUNIO DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE

O Día Mundial do Medio Ambiente foi establecido pola Organización das Nacións Unidas (ONU) Celébrase desde 1974 o 5 de xuño de cada ano. En 2020 o tema é a biodiversidade (motivo de preocupación urxente) Eventos recentes, como os incendios forestais sen precedentes en Brasil, California e Australia, a invasión de lagostas no Corno de África e agora a pandemia de COVID-19, demostran a relación entre os humanos e as redes da vida nas que vivimos.

A natureza está a enviarnos unha mensaxe!

 

 

ORGANIZACIÓN FIN DE CURSO

Distribuir contido


by Dr. Radut